UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 21 de septiembre de 2015

RETOMAMOS O IOGA.

O pasado venres día 18 de setembro, retomamos unha actividade que nos gusta moito, moito. Como xa todos imaxinades, estou a falar da práctica do ioga que, na Pementeira, causa furor.
Para empezar recordamos cal era a posición da árbore e, despois, coñecemos dúas novas posturas: a do xirasol e ao do flamenco. A primeira era moi sinxela e non nos costou nada de traballo, pero a segunda xa foi outra cousa, era preciso concentrarse moito e aguantar o equilibrio e non todos/as o conseguiron.






Hai que tratar de concentrarse un pouquiño mellor (porque, en xeral, está costando que os pementeiros/as se centren nas tarefas e procuren facer algo sen falar todo o tempo) xa que con tanto movemento e exces de enerxía é moi difícil non perder o equilibrio nestas posicións tan complexas.
Como sei que están ansiosos por seguir aprendendo novas posicións, imos tratar de manter estas sesións de ioga os venres sempre e cando todos intenten, tamén, traballar a concentración e procuren facer as cousas sen alborotar. ¡A ver se o conseguimos! Eu espero que si.

Por outra banda, o venres tamén disfrutamos moito escoitando "A máquina de escribir" de Leroy-Anderson e vendo a Jerry Lewis interpretando esta peza tan dinámica.





jueves, 17 de septiembre de 2015

EMPEZAMOS A VIAXAR

Estamos xa entrando de cheo no novo curso escolar 2015-2016. Despois dun mércores moi complicado, no que non había maneira de que nos concentráramos un pouquiño nas tarefas do cole e o alboroto parecía invadilo todo sen xeito nin modo, como unha cicloxénesis explosiva, chegou un xoves totalmente diferente. Hoxe disfrutamos do cole como a min me gusta: traballamos un pouquiño, lem
os unha historia fermosa sobre unha das pequenas bailarinas pintadas por Degas (da que, tamén, fixo unha delicada escultura), escoitamos música, cantamos, pintamos... En fin, que houbo tempo para todo. Os meus pementeiros sabían perfectamente que hoxe ía marchar para casa feliz, e  o meu coche ía ir dando saltos...


Aquí vos deixo un vídeo no que están traballando e escoitando a divertida peza de Leroy Anderson titulada "A máquina de escribir"

E para todos os que disfrutamos coa música pero tamén cos bos cómicos, déixovos un divertido vídeo no que Jerry Lewis interpreta esta xenial composición cunha linguaxe xestual insuperable.



Por outra banda, xa descubrimos cal vai ser o tema do noso novo proxecto de investigación. O martes os pementeiros estiveron buscando un montón de pistas pola aula de psico. Mesmo buscaron coa lupa por si había cousas moi pequenas que non se viran ben a simple vista. E atoparon moitas cousas. O malo foi que todas as fotos desa fructífera búsqueda "desapareceron" porque a tarxeta da miña cámara "rompeu". Sería por sobrecarga de traballo pero cando fun descargar as fotos no ordenador non funcionaba e perdín as fotos. Hoxe fixen de novo un par de fotos nas que podedes ver cales foron esas pistas que atoparon e como descubriron o tema do proxecto...








Pois si. África é o tema do noso proxecto para o curso 2015-2016. Xa veredes cantas cousas interesantes aprendemos. Ídesvos sorprender. 

viernes, 11 de septiembre de 2015

PEDRO E O LOBO


Onte coñecemos unha interesante historia cargadiña de emocións fortes. O conto en cuestión titúlase Pedro e o lobo, é un conto tradicional ruso ao que lle puso unha fermosa música o compositor Sergei Prokofiev. A historia é moi emocionante porque ten un lobo gris famento que anda polo bosque con ganas de comer nenos e iso sempre nos ten un pouco preocupados. Pero como finalmente, o valente Pedro, coa súa intelixencia, é capaz de capturalo pois xa nos permitiu respirar moito máis tranquilos.

Onte escoitamos a narración do conto sen música e hoxe xa disfrutamos escoitando a fantástica composición de Prokofiev e aproveitamos para recordar cousas que xa sabíamos de Rusia:

1.-Valentina Tereshkova era rusa.
Valentina Tereshkova, la primera mujer en ver la tierra desde el ...
2.- A capital de Rusia é Moscú. E en Moscú está a Catedral de San Basilio.



E agora, tamén coñecemos a Sergei Prokofiev e a historia de Pedro e o lobo.

Neste vídeo que aparece a continuación podedes ver unha orquesta de verdade tocando a música do compositor ucraniano e presenetando moi claramente as personaxes relacionándoas co instrumento que as representa e a súa melodía correspondente.


E hoxe comenzamos o noso caderniño de traballo sobre "Pedro e o lobo" escoitando a música de Prokofiev. Aínda costa un pouco iso de traballar en silencio e disfrutando da música, pero eu que son perseverante, sigo intentándoo.




jueves, 10 de septiembre de 2015

PRIMEIRO DÍA DE CURSO E... ¡CUMPLE DE ANXO!

¡Xa chegou setembro! e aquí estamos, de volta no cole. Hoxe foi un día moi bonito porque todos os pementeir@s chegaron felices de reencontrase uns cos outros, con ganas de contar moitas aventuras do verán e de volver a cantar e a xogar todos xuntos... 
Estivemos anotando os sitios aos que viaxaron: Baiona, Cantabria, Coruña, Lugo, Madrid, Eslovaquia, Porto Santo, Gran Canaria, Ibiza, Londres... e miramos nun mapa onde estaba cada un destes lugares.
E ademáis coñecemos ao novo "pementeiro", Mateo, que vai compartir este curso connosco e que, seguro, vai disfrutar moito formando parte importante deste grupo.













E para facer o día aínda máis divertido, resulta que Anxo estaba de cumple e tivemos a primeira celebración do curso.
Anxo viña tan cheo de forzas do verán que apagou as candeas dun único e potente soplido. Menos mal que eu tiña a cámara ben preparada porque, se non, quedaba sen foto do momento máis importante. E o bizcoito que trouxo estaba deliciooooooso!!!!!