UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 7 de junio de 2014

MERENDAS SAUDABLES: PLÁTANO E PELADILLO

Seguindo coas merendas saudables no cole, o xoves tocounos merendar plátano e o venres peladillo (como nós lle soemos chamar á nectarina). Imos conseguindo comer a froita que nos trae Manolo cada día pero é certo que hai algúns e algunhas pementeir@s que non parecen moi habituados a saborear e disfrutar destes manxares naturais (a algúns ata lles costa tocar a froita coas mans) De todos xeitos, este programa de merendas saudables está servindo para que proben novos sabores e aprecien novas texturas, e coman polo menos un pouco de froita en lugar de merendar sempre galletas, bolos de elaboración industrial e cousas dese tipo. A min sorprendeume ver algunhas caras cando probaron certas froitas e gustoume ver como moitos nenos/as comeron perfectamente estas merendas tan saudables.
















E despois aínda tomaron a súa merenda e ¡sorpresa! Zinthia e Roi tiñan ¡outro plátano!

E, para rematar a semana, merendamos un peladillo ou nectarina.


























¡Que ben senta comer froita!



miércoles, 4 de junio de 2014

XORNADA DE CONVIVENCIA E SANDÍA

Hoxe recibimos a vista dos nenos e nenas das Escolas Unitarias. Algúns deles xa virán o próximo curso escolar para este cole e viñeron coñecer o centro e merendar connosco.
Como estamos co tema das merendas saudables xa aproveitamos para tomar a froita cos novos amigos e amigas. Hoxe tocou sandía, unha das miñas froitas favoritas.















martes, 3 de junio de 2014

MERENDAS SAUDABLES: HOXE ALBARICOQUE

Seguimos co noso plan de facer da merenda no cole un momento de novas experiencias cargadas de saúde. Hoxe a froita que nos trouxeron á aula foi o albaricoque. Foi interesante ver como algúns descubriron que tiña un óso dentro (algún ata preguntou se tiña que comelo), outros dixeron que os tiñan na casa, outros puntualizaron que se parecía a un melocotón... 
Certamente non todos os nenos e nenas disfrutaron plenamente do sabor do albaricoque (o mesmo ocorreu onte coas fresas). Penso que algúns pementeir@s comen pouca froita diariamente. Eu procurei insistirlles en que o probaran para descubrir o saboroso que é. 
Por outra banda, houbo nenos e nenas que o comeron moi ben. Eu tamén o probei e estaba delicioso, cun aroma moi agradable e doce.












lunes, 2 de junio de 2014

MERENDAS SAUDABLES: HOXE FRESAS

Hoxe empezamos a semana con saúde. A saúde que nos dá a froita, en concreto as fermosas, sabrosas e vermellas fresas que nos trouxeron ao cole dentro do programa "Merendas Saudables" que estamos a desenvolver.
As fresas teñen moitas vitaminas, magnesio e potasio que axudan a potenciar a saúde dos ósos, e son un bo antioxidante natural. Por suposto, non é preciso dicir que son deliciosas.
No cole tamén procuramos inculcar bos hábitos alimenticios. Por iso  esta actividade pretende animar aos máis pequenos a comer froita e disfrutar deses sabores naturais, das diferentes texturas e dos aromas por suposto.
















domingo, 1 de junio de 2014

A PRENSA NA AULA II

Na última semana de maio, atopamos no periódico (que recibimos todos os mércores na Pementeira) dúas noticias interesantes. 

Aquí vos deixo o vídeo no que os pementeiros nos contan o contido destas noticias.