Hoxe toca mostrar os gañadores dos últimos retos propostos xa que fai tempo que non os mostramos no blogue.
Outro dos retos foi averiguar que deus da Polinesia deu orixe ás illas do Pacífico como Hawai por exemplo. Claro, era Maui e Daniel e Marcos averiguaron a resposta.
Lendo un bonito libros de cartas que nos leva a coñecer moitas cousas de diferentes países do mundo descubrimos que na India comen xelado de Kulfi, e Alex V.R. investigou como se fai ese xelado.
No mesmo libro coñecemos a unha nena que vivía na illa de Trinidade. Pero, ¿onde está esa illa? Pois Icía averiguou que está no Caribe.
E, por último, un nenoten na súa tarxeta un personaxe que non coñecíamos pero que nos recordaba a Papá Noel, ¿quen sería?. Daniel e Marcos descubriron que se chama Ded Moroz, o "Avó do xeo" que según as lendas eslavas lles entrega agasallos aos nenos en Aninovo.
Pero hai máis novidades: Icía tróuxonos un DJEMBÉ africano para seguir disfrutando da música en viv e en directo. E Aleixo trouxo un bonito libro de sereas e outros seres máxicos, que nos gustou moitísimo.
E como a arte está sempre presente na aula, tiven a gratísima sorpresa de que Sara G. trouxo un cadro pintado por ela do noso africaniño favorito, o xenial Kirikou. Xa é o terceiro cadro pintado por"pementeiras" que te mos na aula. Encántame ver que o pracer por pintar e o gusto polas actividades creativas xa vai brotando nestes nenos e nenas. ¡Xenial!
E hoxe recibimos o último exemplar do noso xornal "Novas de infantil" e estivémolo vendo con moita ilusión. Espero que tamén o disfrutedes nas familias.