A semana pasada falando de mitoloxía, como é habitual na Pementeira ultimamente, e colocando algunhas fotos que os nenos e nenas trouxeron para o recuncho, contemplamos esta escultura romana... Yeico trouxo esta imaxe súa diante da escultura da súa visita a Terra Mítica.

Como vedes é unha loba que está amamantando a dous nenos. Así que eu preguntei se alguén sabía algo sobre esa loba e eses nenos e como ninguén sabía nada, pois pensei que quizá estaría ben que os que tiveran curiosidade investigaran sobre esa historia.
Pois ben, teño que felicitar a Aleixo que foi o único que chegou o mércores coa resposta escrita nun papel (non falamos do tema ese día porque tíñamos a celebración do magosto e o Samaín, por iso quedou para esta semana). Aleixo contounos que a loba se chama Luperca.
E que hai veces que parece que as cousas suceden por algún motivo e que as nosas investigacións e descubrimentos encaixan como as pezas dun puzle nas experiencias cotiás das familias.
E hoxe recibimos na aula unha cousiña superchula para o noso recuncho mitolóxico. Icía elaborou con arxila unha preciosa cerámica ao estilo celta, e ata a pintou e decorou con símbolos. ¡Quedoulle fantástica! ¡Encantounos!
Hola. La verdad es que Dani, nada más vernos, lo primero que dijo es: "¿habéis visto a la loba capitolina?", y quedamos muy sorprendidos! Luego Dani ya nos explicó que habían estado hablando de ella en clase y ya lo entendimos todo! ��. A nosotros el libro nos encantó y esperamos que también lo disfrutéis mucho en el cole!
ResponderEliminarEstaba feliz cuando llegó por la mañana con él.Nos gustó mucho y nos vino genial para nuestro rincón. Gracias por ccompartirlo con nosotros. Es un gustazo ver que cuando las familias viajan, siempre tienen un recuerdo para los proyectos de aula y nos aportan cosas interesantes que dan dinamismo al trabajo diario. GRACIAS!
EliminarPois non sei o que puido facer Enzo coa sua resposta porque a fixemos o Martes e a levaba no bolsillo da chaqueta🙆♂️, segun el que cho entregou o Mércores pero a saber😅
ResponderEliminarPois non teño nin idea, nin me dou a resposta, nin cando felicitei a Aleixo me dixo nada de nada. Sería coa emoción do Samaín e o Magosto, pero o raro é que vendo que Aleixo me entregaba o seu papel , el non recordara que traía o seu no bolsillo.Normalmente cando traen algo ao cole xa mo din na máis entrar pola porta pero... non sei, xa che digo non fixo nin un comentario sobre o tema.Síntoo!
Eliminar