Hoxe celebramos o Día da Paz e Non Violencia no cole. Foi un día con moitas actividades. Empezamos coas rutinas cotiás coma sempre. Hoxe o Willy Fog do día foi Yeico, que como lle pasaba a Hugo, non lle daba chegado o seu momento.
Pero os pementeiros/as nunca olvidan que estamos traballando o noso proxecto de arte e siguen traendo cousas ben interesantes das súas casas. Eu estou impresionada porque vexo que poñen a traballar a toda a familia.
Sara Castaño trouxo unha recreación fantástica dun Autorretrato da pintora mexicana Frida Kahlo. ¡Encantoume! E nin que dicir ten que Sara estaba super-orgullosa.
Alejandro V.S. truxo un móbil ao estilo da Calder con forma de peixe que gustou moitísimo na aula. Aleixo tamén nos trouxo outro móbil ben bonito e agora xa temos un montón no noso corredor (que está quedando requetebén)
Aleixo tamén viña moi contento cunhas pinturas que fixeron na casa ao estilo de Mondrián e Pollock.
Rematamos xa completamente o noso GUERNICA, estivemos no ximnasio cantando "We are the world" e "Paz, paz, paz" de Juanes e, despois, saímos ao patio para deixar voar unhas pombas.