Pero non foi a única sorpresa do día xa que polo cole tamén andaba un sapo encantado.
Despois dos títeres, tivemos a nosa gran festa de Nadal na que había moitos manxares deliciosos para comer (sobraron tantas cousas que mandei algunhas de volta para as casas aproveitando que estaban sin abrir, e aínda gardamos algo para celebrar á volta ao cole o día 8), Tras a festa comemos as 12 uvas para darlle a benvida ao ano 2015 (un pouco adiantado pero como ese día non nos imos ver pois era por facer algo divertido todos xuntos) e a disfrutar co cotillón.