UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 16 de octubre de 2018

TELEXORNAL PEMENTEIRO

     ¡Por fin chegou o momento de ver o noso telexornal! Como moitos de vos xa sabedes na Pementeira estivemos traballando  na elaboración da primeira edición do Telexornal Rosalía. A actividade foi plantexada polo Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e, despois dun sorteo, a aula A Pementeira tivo a responsabilidade de encargarse da primeira edición deste telexornal. Cada semana sairá unha nova edición do informativo que fará unha clase diferente do cole. Foi un traballo un tanto complicadillo pero interesante e penso que productivo. Os nenos e nenas disfrutaron moito coas caracterizacións dos presentadores pero algúns "sufriron" un pouquiño por ter que repetir os textos varias veces e por "enfrentarse" a unha cámara, que xa sabemos que non é fácil. Pero cando onte llo puxen na aula, a reacción dos pementeiros/as e pementeiras foi instantánea e unánime: ¡COMOOOO MOOOOLAAAAA! Así que creo que aprendemos cousas importantes: que hai que ter un pouquiño de paciencia cando facemos unha tarefa no cole, que non todo ten un resultado ou unha gratificación inmediata, que o que costa traballo tamén o valoramos máis, que o traballo en equipo dá resultados asombrosos, e que disfrutamos un montón cando vemos que o noso esforzo tiña unha finalidade... ¡Que ben se sentían todos os presentadores véndose na PDI e comprobando o ben que quedou o telexornal!



    En fin, para todas as familias, aquí vos deixo este informativo  tan especial que tamén está colgado na web do cole. Disfrutádeo e facédelle publicidade!!!! Espero que vos guste!




6 comentarios:

  1. O telexornal encantounos a todos na casa, un gran traballo de todos, noraboa

    ResponderEliminar
  2. Noraboa a todos!!!!. Menudo traballo en equipo tan bo. Felicidades a todos.

    ResponderEliminar
  3. Como molaaaaa !!!
    Moi bo traballo rapaces.
    Sodes uns artistas 👏👏👏

    ResponderEliminar
  4. Espectacular!!! Bravo de verdad que bo rato acabo de pasar, está xenial e estes pementeir@s, son moi profesionais e nerviosos porque Noa se ve como un flan, pero estivo emocionada con que ia sair na tele, moi bo traballo!!! Graciñas

    ResponderEliminar
  5. ¡¡Que ben o fixeron os pementeir@s!!!! que sorte tiveron de facer ó telexornal Rosalía!!!!

    ResponderEliminar
  6. NORABOA PEMENTEIR@S!!! Estabamos esperando ansiosos a que se emitise,Enzo estaba deseando que o visemos,e con razón porque nos gustou un montón👏👏👏👏👏👏👏👏👏moi bo traballo☺

    ResponderEliminar