Este tema da mitoloxía estanos levando a descubrir cousas moi interesantes que hai polo mundo. Un día Añejandro Vázquez Rodríguez, despois de falar naclase dos druídas trouxo información sobre un monumento megalítico chamado STONEHENGE, porque hai quen pensa que puido ser unha especie de punto de reunión dos druídas, un lugar no que se reunían para celebrar certos rituais (aínda que o monumento foi construído con moita antelación á época dos druídas). Así que estivemos aprendendo un montón de cousas sobre esta costrucción tan sorprendente, tendo en conta a época na que foi feita. O venres levamos unha sorpresa porque na parede do corredor apareceunos un stonehenge pintado que nos meteu máis ganas de investigar aínda...
Lemos que probablemente Stonehenge foi un santuario ou un observatorio relacionado co culto ou a observación do sol e a lúa. Aprendemos que a palabra MEGALÍTICO significa "que está feito de pedras moi grandes"
Entón empezamos a plantexarnos como fixeran os homes que construíron Stonehenge para levar alí esas pedras tan grandes e poñelas de pé se non tíñan grúas nin máquinas de ningún tipo. Na información que trouxo Alex había uns debuxos sinxelos que explicaban o posible procedemento de construcción empregado, pero resulta que algúns pementeiros curiosos non entendían moi ben eses gráficos e expuseron as súas dúbidas, así que a profe (armándose de valor, porque a escultura non é o seu forte) tratou de explicar dun xeito máis claro o proceso de traslado e de elevación das pedras empregando plastilina. Penso que, finalmente todos e todas entenderon como probablemente se edificou Stonehenge (preguntádelle aos vosos fillos/as a ver se son capaces de contárvolo).
Despois tamén vimos imaxes e vídeos sobre Stonehedge e fixemos unha actividade impresa a modo de resumen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario