Rematamos a semana facendo uns debuxos sobre mitoloxía (en principio esa foi a miña proposta aínda que, despois, algúns pementeiros/as decidiron plasmar outras historias).
E un venres máis fixemos a nosa sesión de ioga. Sigue sendo difícil manter a concentración e o silencio para facer as asanas pero, por outra banda, moitos nenos e nenas están facendo auténticos esforzos para lograr boas posturas e se vos fixades nas fotos notaredes como estiran os seus músculos, como tratan de manter o equilibrio, como procuran aguantar na posición un certo tempo aínda que estén cansos... A verdade é que lograron unhas asanas casi perfectas. ¡Parabéns por esos esforzos!
VIRABHADRASANA 1. (POSTURA DO GUERREIRO)
SARVANGASANA (A VELA)
Pero menudos debuxos!! Que ben o representaron, e o ioga se pode ver como se esforzan, e na casa tamén o intentamos con ela pero a flexibilidade xa non é a mesma jejejeje😉😘
ResponderEliminarPero está moi ben que practiquedes con eles porque o ioga é beneficioso para todos e así seguro que conseguides recuperar a forma física e mellorala. A eles en xeral cóstalles moito estirar as pernas e os brazos e manterse erguidos, tenden a encorvar sempre a espalda. Son malos hábitos que tdoso temos e, despois, á larga, aparecen problemas. Así que entre todos imos intentar que melloren a súa postura corporal e temos que mellorar tamén a nosa, claro. ¡Veña, ánimo, todos a practicar ioga! jajajaja
EliminarMenudos artistas !!!!
ResponderEliminar