Hoxe levei unha estupenda sorpresa cando os pementeiros/as chegaron ao cole pola mañán. Un montón de nenos e nenas trouxeron a resposta ao reto que eu lles propuxen o venres. Estou moi orgullosa vendo que se acordan de comentar na casa o reto que lles propoño e que se animan a investigar sobre él, e tamén estou moi contenta ao ver que as familias vos animades a facilitarlles a investigación e lles axudades a plasmar a resposta nun papel para que ma mostren a min.
Quixen felicitar a todos os que investigaron, a todos, aínda que algún trouxera unha resposta equivocada, incompleta ou non moi concreta porque o importante é animarse a participar no xogo dos retos e esforzarse en recordar a pregunta para transmitila na casa. Iso xa é un logro. Así que, ¡parabéns a todos /as os participantes!. Espero que o seguinte reto sexa outro éxito.
Pois ben, a pregunta era:
O primeiro era averiguar que os traballos eran doce. E despois, a guinda do reto xa era especificar en que consistían eses doce traballos. A verdade é que houbo nenos e nenas que traballaron moitísimo escribindo eses doce traballos de Hércules. Prometo que o próximo reto vai ter unha resposta máis curta!!! Mirade todos os triunfadores deste reto.
¡Parabéns para Alex V.S., Marcos, Daniel, Alex V.R., Enzo, Valeria, Óscar, Adan, Icía, Mariña e Pablo! E arabéns tamén para Hugo, Sara García, Sara Castaño e Rafiña que tamén investigaron aínda que non trouxeron a resposta concreta que eu pedía. A proxima vez seguro que o logrades! Non deixedes de investigar!
Bo traballo rapaces !!!!
ResponderEliminarMoi ben pementeir@s!!!👏👏👏
ResponderEliminarEstes pementeiros queson traballadores son, e que contentos se lle ve a todos, noraboa polo traballo, Óscar está super entusiasmado
ResponderEliminar