UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 29 de octubre de 2018

PEQUENO RESUMO DA SEMANA

 A semana pasada recibimos algunhas cousiñas máis para o noso recuncho mitolóxico: Rafiña trouxo un libro que fala das civilizacións do mundo antigo. Marcos trouxo un libro sobre os deuses gregos. Sara Castaño trouxo unha ilustración de Obatalá...



   Yeico trouxo moitas fotos da súa viaxe a Benidorm e a Terra Mítica. Algunhas das fotografías encaixan perfectamente co tema do Proxecto Trisquel  xa que aparecen deuses como Zeus ou Atenea, e personaxes mitolóxicos como o Minotauro... Comprobamos que nese gran parque temático, Yeico  sentiuse como se estivese no Antigo Exipto, en Grecia ou en Roma.

   Icía tamén trouxo imaxes da súa viaxe a Italia nas vacacións de verán. Na casa fixeron un libro coas fotografías máis representativas e gustounos moitísmo. Vimos a Torre de Pisa, o Coliseo, Pompeya, o David de Miguel Ángel, Florencia, vimos a Icía comendo un cacho enorme de pizza e como se alimenta tan ben, ten moita forza e, despois, é capaz de aguantar a Torre de Pisa para que non caia.

 
    Tivemos a oportunidade de disfrutar cun xogo de equilibrio que gustou moito aínda que, todo hai que dicilo, tamén causou un pouco de frustración porque require moita paciencia, control motriz, orden a tranquilidade e iso aos pementeiros/as parece que non se lles dá moi ben ultimamente. A ver se xogando, conseguimos mellorar esas habilidades e controlar un pouquiño a impulsividade e as prisas.

    O venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Algúns nenos e nenas trouxeron os seus calcetíns antideslizantes. Practicamos un par de posicións que costaron traballo. Algúns pementeiros/as enfadáronse porque, como xa vos veño dicindo ultimamente, queren conseguir todo rapidamente e hai cousas que nos costan máis que outras e que, ao mellor, non nos saen perfectas o primeiro día. Pola contra, outros nenos/as esforzáronse moito a verdade e van mellorando no seu equilibrio, na súa flexibilidade e no seu control corporal global.




























No hay comentarios:

Publicar un comentario