UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 4 de octubre de 2018

A CAIXA DE PANDORA

  O martes estivemos lendo a historia da "Caixa de Pandora". Pandora era a muller de Epimeteo. Cando chegou ao seu fogar, Epimeteo díxolle que non podía abrir unha caixa que el gardaba con moito coidado. Os pementeiros/as estaban moi intrigados e non lles chegaba o momento de descubrir, como lle pasaba á mesma Pandora, o que había dentro desa misteriosa caixa. Levaron un pouco de susto cando da caixa, que Pandora abreu presa da súa curiosidade, saíron todos os males do mundo: o odio, a envexa, os ciumes, a miseria, a dor, a enfermedade, a desconfianza, a avaricia, a pereza... 
Aproveitamos para facer unha reflexión sobre todo ese vocabulario tan concreto, arendendo o que significa ter ciumes, ter pereza ou ter envexa... (porque a verdade é que os nenos e nenas non o tiñan moi claro)
E, como pasa frecuentemente, coñecendo un mito, chegamos a outro e así plantexamos un novo reto...
A historia de Pandoracomenzaba diciendo que Zeus estaba moi enfadado con Prometeo porque lles roubara algo aos deuses... pero, ¿que foi eso que lles roubou?. Esa foi a miña pregunta e...
¡SORPRESA! Alex Vázquez Seco e Enzo trouxeron a resposta:
PROMETEO ROUBOULLE O LUME AOS DEUSES E ENTREGÓULLELO AOS HUMANOS.


¡PARABÉNS CHICOS! Sodes auténticos investigadores.
   Aínda recibimos máis libros sobre mitoloxía para o noso recuncho. ¡Mirade! Marcos trouxo un atlas de monstros e Noa tres libros moi interesantes: dous sobre mitos gregos e A Odisea de Homero que nos encanta, claro.



    Como xa temos tantos libros no recuncho, encántanos de vez en cando ter tempo de miralos, de buscar mitos coñecidos, de buscar outros novos...








   E outra novedade é que xa temos un novo panel. Agora xa non somos vikingos e vikingas e a nosa misión diaria é conquistar Troya. Así pois somos atenienses que empregando a artimaña do cabalo de Troya conquistamos a cidade. E o máis importante é que os nenos e nenas xa non contan coas fotos dos compañeiros/as para pasar lista e teñen que ler ou recoñecer os nomes dos demais así que hai que poñerse as pilas porque no verán parece que nos esquecemos de moitas cousas (ata de contar, porque hai varios nenos e nenas que non saben ben a serie numérica). En fin, eu confío en que rapidamente nos imos poñer ao día e faremos o panel con seguridade e rapidez.

1 comentario: