Hoxe levei unha gran alegría porque varios pementeiros e pementeiras chegaron ao cole coa resposta do segundo reto que plantexei dentro do Proxecto Trisquel. A pregunta que formulei o venres para que os nenos e nenas investigaran na casa foi:
¿Que personaxe mitlóxico vivía encerrado nun laberinto na illa de Creta?
E aquí están os gañadores do reto:
¡Parabéns para Alex V.S., Marcos, Mariña, Óscar, Enzo, Icía, Valeria e Daniel!
Pois ben, estou moi orgullosa de todos os nenos e nenas que se acordaron de plantexar este reto nas casas e investigaron sobre o Minotauro. Agradezco e valoro os traballos feitos na casa, pero é suficiente con traer a resposta escrita nunha folla, e estaría xenial que escribiran os propios nenos/as. Se facedes unha presentación máis elaborada, ou unha manualidade (como foi nesta ocasión) é xenial pero procurade que participen os nenos/as, e que recorden a resposta do reto porque, precisamente, se trata diso, de que eles recorden novas informacións, os retos como xa vos expliquei son para motivalos a eles, potenciar a súa memoria, o afán de investigar, o interese por aprender... Se lle facedes todos vos, eles non se implican nin recordan a resposta. Outra cousa que, penso eu, é importante é que vos centredes na pregunta concreta que eu fago na aula, porque o que ocurre é que cando buscades tanta información, como hai moitos mitos que están relacionados entre sí, ao final o único que se logra é confundir aos nenos/as.
Hoxe disfrutamos moito co mito do Minotauro, lemos a súa historia, vimos un vídeo na PDI e xa empezamos a organizar o noso recuncho mitolóxico.
Un luns estupendo no que tivemos tempo de traballar, xogar, correr, facer pulseiras da froita... esperemos que o resto da semana sexa tamén así de estupenda. ¡Así si que disfrutamos no cole!
Da gusto que os pementeir@s empezaran así a semana.Encantounos axudarlle a Enzo con este reto.
ResponderEliminarA verdade é que é entusiasmante e motivador, investigar, preguntar, e aprender ao seu lado, para nos tamén foi un bo reto e Noa estaba emocionada,un gusto participar nestas propostas,😘
ResponderEliminar