Seguimos antendo a nosa rutina de facer ioga os venres, aínda que costa un pouquiño porque os pementeiros/as están un pouco inquedos, movidos, faladores e resulta difícil concentrarse, estar en silencio, observar, ter paciencia e estirar os músculos. Pero seguiremos perseverando para ir mellorando estás cousiñas e ir disfrutando cada día máis facendo as asanas.
Por outra banda seguimos facendo as pulseiras da froita...
E seguimos recibindo cousiñas para o recuncho mitolóxico que está empezando xa a cobrar forma.
Icía trouxo dous libros sobre mitos que están xenial. Ademáis forman parte dunha colección que xa temos na aula e xusto eses dous non os tiñamos así que foi estupendo que Icía os trouxera. Tamén trouxo un elfo nórdico, como ela mesma me aclarou.
Enzo trouxo unhas imaxes de trisqueles e Marcos chegou cunha bolsa na que había uns misteriosos obxectos que os pementeiros/as recoñeceron enseguidiña ...
Valeria trouxo tamén un libro moi interesante sobre Mitos Gregos. E Gabriel trouxo información da wikipedia de Odín, o poderoso deus nórdico.
Óscar trouxo un esquema moi claro no que podemos ver todos os deuses da mitoloxía grega e Alejandro trouxo información sobre Stonhedge e os druídas, e Marcos trouxo un gran Atlas dos Mitos do Mundo que ten unha pintaza bárbara.
Agora temos que organizar ben o recuncho e empezar a sacarlle partido a todos estes materiais que están chegando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario