Despois de descubrir o tema central do noso proxecto anual denominado PROXECTO TRISQUEL, o seguinte paso era darlle nome aos novos equipos da Pementeira e hoxe foi o día indicado para facelo. Aquí están, pois, os novos equipos mitolóxicos:
A historia de Perseo xa a coñecemos porque estivemos lendo este libro que é unha adaptación para nenos do mito grego. Os pementeiros/as estaban completamente absortos escoitando o relato das aventuras deste héroe que lle cortou a cabeza á temible gorgona Medusa, antes de que ela o mirase con eses ollos malignos que tiñan o poder de petrificar a quen os contemplase un so segundo.
Agora temos que buscar información e coñecer as historias de Merlín e Obatalá... ¡a ver que descubrimos!
Ademais de investigar sobre o tema do proxecto, tamén estivemos facendo outras cousas na aula. Por exemplo recordar algunhas cancións coas que disfrutamos moito o curso pasado...
Hoxe falamos diso, de ir organizando o recuncho e todos insistían en que non teñen nada na casa, jajaja, eso sí, Icía dixo que ela viu a estatua de Perseo no verán pero que non se acorda onde foi!Non vos agobiedes co material, poden valer moitas cousas, hai contos, podedes buscar imaxes en internet, algún xogo (puzles, memory...), algún souvenir dalgunha viaxe... pensade que hai moitos mitos por todo o mundo. Veremos o que vai xurdindo, aínda estamos empezando e non temos tanta prisa.
ResponderEliminarQue ben os nomes, como me gusta o tema, pero me pasa como iria, agora toca investigar e encantada😉 por outra banda menudo ritmazo estas pementeiras e pementeiros!!!! Da gusto velos mover así con ese entusiasmo!!!
ResponderEliminarJajaja, e que Noa estaba disfrutando a tope!A min encántame velos así, intento que ao longo do día teñamos tempo para todo, hai tarefas que requiren máis calma, concentración e esforzo intelectual pero hai outras que nos permiten liberar enerxía, sentir emocións máis intensas e personais e expresarnos con máis liberdade...
Eliminar