Onte rematamos de escribir os nomes dos compoñentes dos equipos mitolóxicos. Xa escribíramos os dos equipos Merlín e Perseo e onte escribimos os do equipo Obatalá.
E estamos xa recibindo cousiñas para o recuncho mitológico: Enzo trouxo un libro titulado "Mitos y leyendas", Aleixo trouxo outro libro sobre "O rei Arturo", Óscar trouxo unhas ilustracións dunha peli sobre Merlí, Arturo e a espada Excalibur, Rafiña trouxo unha imaxe de Merlín, Alejandro V.R. trouxo unha ilustración de Panoramix que é un druída (así que aproveitamos para coñecer unha una palabra -DRUÍDA- que aínda que a escoitamos o curso pasado concretamente no conto de Lupa, non profundizáramos no concepto en sí e que é precismente a figura que aparece na tarxeta do nome de Alex V.R.) e un libro moi interesante sobre os Mayas (e aproveitamos tamén para coñecer outro personaxe mitolóxico que é a "Serpe emplumada" que ten Enzo na súa tarxeta do nome), Yeico trouxo un libro titulado "Júpiter, Juno y Plutón y otros dioses del montón) e Marcos trouxo información sobre Obatalá, un deus africano, creador do mundo según a tradición Yoruba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario