UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 24 de septiembre de 2018

RETOS

     Na Pementeira imos ter unha noca actividade durante este curso. É algo que sempre lles propoño aos nenos e nenas cando xa están na aula de 5 anos e, polo tanto, son os maiores de infantil. A proposta consiste en plantexar RETOS de vez en cando que non son máis que preguntas, adiviñas, cuestións sobre as que investigar, enigmas que descubrir... 
    O caso é que eu non vou avisar cando propoña un reto, nin no blog nin nas libretas de comunicacións. O que pretendo é potenciar hábitos de escoita nos nenos/as, motivalos a investigar, a ser responsables, quero comprobar a memoria que teñen e como vos transmiten as preguntas na casa... Non se trata de que as familias compitan entre elas, e espero que animedes aos peques a participar pero non para ganarlle a ninguén senón para disfrutar aprendendo  e descubrindo cousas novas e interesantes.
    O venres propuxen o primeiro reto. Como fixemos os novos equipos mitolóxicos e xa coñecemos a historia de Perseo e a de Obatalá, só nos faltaba coñecer quen era, onde vivía e que fixo o mago Merlín. E hoxe quedei ben contenta cando vin que Alex V.S. chegou co reto resolto: contounos a historia de Merlín e trouxo un libro que estivemos mirando e lendo con calma na asamblea. ¡Parabéns a Alex e á súa familia que lle axudou a buscar información! ¡Bo traballo!
 
Imagen relacionadaImagen relacionadaImagen relacionada
    Así pois, hoxe coñecemos un pouco mellor a Merlín, a espada Excalibur e ao Rei Arturo e os cabaleiros da mesa redonda. Agora toca estar atentos para o seguinte RETO. Animade aos vosos peques a escoitar ben o que eu explico e pregunto na aula a ver se máis nenos superan retos e aprenden moitas cousas... 

    Tamén lle quero agradecer a Sara García que trouxo un bonito libro sobre mitos gregos... Algúns xa os coñecemos e agora temos que ir descubrindo outros novos.
   En canto ás cousas para o recuncho mitolóxico, non vos compliquedes a vida, seguro que hai moitas máis cousas das que pensades agora ao principio e podedes botarlle un pouco de imaxinación, seguro que na casa podedes facer algunha cousiña, quizá algunha manualidade coa que decorar o recuncho, quizá tedes algún obxecto que teña relación con algún personaxe mitolóxico, algún debuxo... seguro que pouco a pouco se vos van ocurrindo cousas. ¡Veña, papás e mamás, sorprendédeme!
     A ficha de hoxe foi obviamente sobre o Equipo Merlín.























1 comentario: