UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 13 de septiembre de 2018

BENVIDOS AO CURSO 2018-19

     ¡Aquí estamos xa de volta! O verán é estupendo, seguro que todos vós o disfrutástedes moitísimo. Os pementeiros/as xa me estiveron contando un montón de cousas e creo que algúns van traer ás súas fotos para contarnos as súas viaxes (como xa fixemos o ano pasado). Onte foi un día de reencontros, de alegría ao ver aos compañeiros/as, de emocións e nervios ante o novo curso, de falar moito, moito, moito, de xogos e de enerxía desbordante. Retomamos a rutina de correr polo patio dos maiores antes de entrar do patio. Había ganas de xogar coa plastilina... ganas de plastilina  que se convertiron en ganas de puzles nun minuto... en fin, o importante é ter ganas de algo, supoño eu. 
    O mellor de todo é que viñan xa convencidos de que ían ter buscar pistas no patio para averiguar o ema do noso proxecto... e onte non había pistas... a ver cando aparecen porque estes nenos e nenas teñen moitas ganas de averiguar cal vai ser o noso tema central de investigación neste novo curso.




































   Hoxe xa tocou recordar as normas de aula porque estes pícaros chegaron con moita seguridade e decisión e xa non se acordan de pedir permiso, facer as cousas con orden, respectar turnos etc etc. E houbo algún disgusto tamén porque resultou que se esqueceran de escribir os seu nome e apelidos e non lles gustou nadiña, nadiña asumilo. Creo que temos que facer un repaso de algunhas cousas e, sobre todo, conseguir centrarnos nas tarefas do cole. Pouco a pouso irémolo conseguindo seguro. A medida que se nos vaia "despegando" da pel o sal do mar e desaparezca o bronceado, seguro que o noso cerebro volve a organizar as súas neuronas e se centra nestas cuestións. ¡Sempre costa un pouquiño deixar a liberdade do verán! Trataremos de facer a transición co mellor humor posible.
    Eu estou encantada de poder disfrutar un curso máis destes nenos e nenas e espero que sexa un ano moi productivo. Espero que cando descubran o tema do noso proxecto se ilusionen e o collan co mesmo interese que o curso pasado. Espero que cheguen á casa coas noticias ben prontiño!!!

2 comentarios:

  1. Benvida profe Tete, e un pracer compartir outro ano contigo e con todos estes peixiños. A empezar con ganas, aunque alguns teñan unhas pouquiñas menos, jeje. Animo. Un saludo a todos.

    ResponderEliminar
  2. Benvid@s!!!! outro ano máis compartindo curso!!! que será o proxecto??? que nervios,jejeje

    ResponderEliminar