Xa que había tantas ganas de descubrir o tema do novo proxecto anual, pois o venres tocou sair ao patio para buscar as pistas que nos descubriran cal vai ser o centro das nosas investigacións. Non sei se vos imaxinades as ganas que tiñan e a ilusión coa que sairon ao patio así que aquí tedes as fotos...
Despois de atopar todas as pistas, levámolas para dentro e colocámolas nunha mesa para ir vendo con calma todo o que había. Os pementeiros/as atoparon varios libros, unha baraxa de cartas, unhas tarxetas cos seus nomes, unhas sílabas soltas e un símbolo celta (que tamén aparecía nas tarxetiñas). En principio os "tesouros" atopados gustáronlles porque viron cousas que lle interesaban como un libro sobre a guerra de Troya (xusto esa mañán me pediran que lles contara outra vez as aventuras de Ulises porque foi unha das súas favoritas do curso pasado),e tamén porque nas tarxetas cos nomes había debuxos de cousas coñecidas como un unicornio, unha serea, un dragón, Thor, Hércules... Así que só quedaba organizar esas sílabas soltas para formar unha palabra clave e ler o que poñía no símbolo grande...
E aquí está a palabra clave:
O símbolo que lle vai dar nome ao noso proxecto é un símbolo celta coñecido como TRISQUEL, que está formado por tres espirais que fan referencia ao pasado, o presente e o futuro e tamén ao equilibrio entre o corpo, a mente e o espíritu. O trisquel é un símbolo que alude á aprendizaxe constante, á evolución... así que é o simbolo ideal para darlle nome a este proxecto sobre mitoloxía.
Cada un dos pementeiros/as ten na súa tarxeta un personaxe mitolóxico pero non todos son coñecidos, polo que teremos que ir vendo cal é o que lle tocou a cada un e ir aprendendo algo sobre el. Isto levaranos de viaxe pola historia e polos distintos continentes así que ide preparando as maletas...
¡DAMOS POR INAUGURADO O "PROXECTO TRISQUEL"!
¡¡Que ilusión!!!! ¡¡vamos aprender un montón de cousas este novo curso!!!!
ResponderEliminarQue ben, como me gusta!!!👏👏👏
ResponderEliminarEncantame!!!!😊
ResponderEliminar