Chega o Samaín e o magosto e os pementeiros/as están emocionados e alterados desexando vir ao cole cos seus disfraces terroríficos.Pero antes de mostrar os disfraces, de comer castañas asadas e de disfrutar desta festa mosntruoso, vampiresca, fantasmal e espeluznante, tocou decorar o cole e participar no concurso de cabazas decoradas. Este ano estivemos falando precisamente desta tradición que ten a súa orixe nos antigos pobos celtas, así que mirade por donde atopamos aquí unha conexión co proxecto deste ano. Pois aquí están os participantes neste concurso de cabazas:
Despois de ver estas cabazas tan divertidas e, ao mesmo tempo, monstruosas estivemos pensando adxectivos para describilas e, aínda que de entrada parecía que ninguén era capaz de dar ideas, finalmente xurdiron palabras para calificar estas obras de arte... Cando as fomos levar ao lugar da exposición, aproveitamos para ver as dos compañeiros/as do cole e ir decidindo cales nos gustaban máis. Mañán daremos outra voltiña por alí porque chegaraon moitas novas ao longo da mañán e mesmo da tarde.
Como vedes a exposición de cabazas é superchula con traballos orixinais, divertidos e tamén pavorosos, horrorosos e horripilantes.
Pero, ademais de cabazas, en infantil estivemos decorando os espazos comúns con motivos relacionados con esta festa. Aquí vos deixo un pequeno adianto. Mañan veredes máis elementos decorativos que nos permitirán facer fotos moi "samainescas".
E mañán, ¡FESTAAAAA! A bailar cun ritmo desenfrenado!
¡¡Pero que medo!!!! ¡¡que cabazas tan mostruosas!! ¡¡mañá a disfrutar da festa!!
ResponderEliminar