Un ano máis vivindo intensamente a festa do Samaín que tanto gusta a pequenos e maiores. Un ano máis lucindo disfraces espeluznantes, e disfrutando con comilonas monstruosas, con xogos populares, castañas, premios, bailes... pouco hai que comentar porque todas as familias sabedes xa a ilusión que os pementeiros/as lle poñen a esta celebración, camiñando nesa liña entre as risas e os seus medos, así que déixovos as fotos da xornada para que teñades unha visión xeral de todo o acontecido nesa xornada terrorífica.
As merendas monstruosas que prepararon as familias dos nenos e nenas de 3 anos eran espectaculares e deliciosamente horripilantes.
E chegou a hora das castañas asadas...
E Alex Vázquez Seco gañou a concurso de cabazas decoradas na categoría de infantil e recibiu de premio un Tangram magnético super-chulo. ¡Parabéns Alex!
DISFRUTADE DUN FIN DE SEMANA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDO!!!!!!
Que pementeir@s máis terroríficos !!!
ResponderEliminarFoi unha mágoa que Alex non pudiera desfrutar de toda a festa. Pero veu encantado co pouquiño que foi.
Noraboa a Alejandro Vázquez Seco por ese premio.
Bicos monstruosos para tod@s.
A verdade é que o pasaron pipa, e menuda chulada de decoración!!,
ResponderEliminar