O venres visitamos a horta do cole. Este curso iniciamos un proxecto no Rosalía que consiste en poñer en marcha unha horta escolar que se sitúa ao lado do patio cuberto, no que chamamos o foso.
En infantil estamos centrándonos nas plantas aromáticas. Por iso o xoves xa estivemos coñecendo algunha destas plantas e tivemos a oportunidade de arrecender o romeo.
Pareceunos interesante centrarnos un pouquiño no sentido do olfacto porque, a verdade, é o que menos traballamos e o que menos desenvolvemos ao longo da vida xa que o poder da vista, das imaxes, é tan forte que parece que xa non lle prestamos atención a nada máis. De feito ningún pementeiro/a coñecía o aroma do romeo. Iremos ulindo máis plantas para ir coñecendo os seus aromas e aprendendo máis cousas.
Na horte estivéronos explicando algunhas cousas sobre certas plantas como a caléndula ou a menta, esta última poidémola saborear ademais de ulir (aínda que algúns nenos e nenas non se atrevían a probala ou dicían que cheiraba mal. Fixádevos que curioso é, os aromas que non son habituais para eles non lles resultan agradables). Despois os nenos e nenas de infantil tiveon oportunidade de plantar as plantas aromátivas pero tamén leitugas para poder comelas cando medren.
Agora intentaremos ir coñecendo máis plantas aromáticas e xogaremos a identificar os seus aromas.
Que actividad tan chula!, que sorte teñen estes pementeiros...Moitas gracias Teté.
ResponderEliminarEu creo q e unha actividade fantastica. E os nenos tamen lles gustou moito. Marcos veu todo emocionado porque comera unha folla de "pementa" (sobraballe "pe"). Ja ja ja. Que divertido e interesante, porque é verdade que é un tema novo para eles.
ResponderEliminarEn infantil levamos varios anos intentando poñer en marcha unha horta escolar.Sempre o recollemos nas nosas programacións e ciclo e, despois, nas memorias anuais deixando constancia que para nós é unha actividade interesante que pretendemos continuar e para a que necesitamos certos materiais básicos. De feito fixémolo polo menos durante dous cursos escolares pero tivemos que empregar macetas porque non conseguimos que se nos proporcionara terra. O que ocurría era que a nosa humilde "plantación" nas vacacións de verán desaparecía e a actividade nunca tivo a continuidade que nós pretendíamos. Neste curso, un mestre de primaria plantexou a actividade xa que existe esa iniciativa de crear hortos escolares ecodidácticos apoiados pola Xunta de Galicia e Manos Unidas. Por fin chegou o camión de terra que tant levamos pedindo desde infantil e, por fin, podemos participar na creación dun horto escolar e ir vendo como evoluciona. Alégrome de que os nenos e nenas o comentaran nas casas e espero que sigan explicando as cousiñas que iremos facendo.
ResponderEliminarQue boa iniciativa!! E que esté todo o cole involucrado que ben!! Noa foi o primeiro que contou que foran a plantas ao horto, e eu non creía de todo nun horto pensei máis ben en macetas, pois alegrome moito de que teñan esre tipo de oporrunidades e que teñades o apoio do equipo docente para esta iniciativa, bo traballo!! O proxecto Voz Natura da tamén subvencións para este tipo de propostas, se precisades semillas, prantas,... ou o man de obra contade con nós😉
ResponderEliminarBueno, quizá non me expliquei moi ben. Desde infantil fixemos o que poidemos en anos pasados pero apoio, o que se dí apoio, non tivemos. Este curso a proposta foi dun profe de primaria e como existía esa oferta desde a Xunta en colaboración con Manos unidas, el plantexouno no claustro e todos os mestres/as se apuntaron a participar e infantil tamén claro. Entón foi cando chegou a terra, pero a nosa proposta de facer unha horta escolar desde fai anos, recollida en programacións e memorias (no apartado de propostas de mellora) realmente non tivo apoio. Pero o imprtante é que agora hai horta e nós temos pensado disfrutala e aprender moito.Por outra banda eu estaba pensando en pedir algún tipo de colaboración ás familias, así que etade atentos que algo teredes que facer vos! jajaja. Grazas por valorar estas actividades!
Eliminar