Hoxe, 7 de novembro, é o Día Internacional do escritor Africano. Así que aproveitamos para recordar que non so hai creadores de boas historias en Europa senón que noutros continentes, e de xeito moi especial en África, hai toda unha tradición de relatos moi interesante, rica e de enorme creatividade que nos fai experimentar emocións intensas. Por iso hoxe tocaba sí ou si ler un relato africano cheo de maxia, de forza e de valores ... E non podía ser outro que...
KIRIKOU E A BRUXA.
Non sei se algún neno ou nena vos diría algo na casa, pero o que eu podo dicir é que a historia triunfou na Pementeira. Sei que a todos/as lles gustan os contos e esa primeira hora da mañán escoitando un relato e conversando sobre el é un dos mellores momentos do día, pero hoxe había máis atención que nunca, máis emoción contida, máis risas espontáneas e máis interese aínda do habitual e iso e só mérito do xenial KIRIKOU. Despois descubrimos que tíñamos na aula nada máis e nada menos que a Bruxa Karabá e ata tivemos tempo de ver un cachiño da peli de Kirikou (porque tamén ten peli).
Tamén traballamos ao ritmo da música da película de Kirikou, que escoitamos con bastante frecuencia...
E aprendemos cancións africanas como "Olelé Moliba Makassi" o "Amawolé" coas que practicamos ritmos diferentes e ata idiomas completamente descoñecidos para nos.
Kirrikou é moito Kirikou. Eu levo anos traballando con este relato e sempre triunfa. Quedan completamente "abducidos" polo seu espíritu e au disfruto tanto coma eles. Hoxe lemos outro pouco e vimos outro cachiño da peli e dígovos que é espectacular ver as súas caras, pasan medo, tensión, preocupación... e cando Kirikou resolve algún problema saltan de alegría e desbordan entusiasmo.Os valores que transmite o conto son universais, pero a min encántame que se vaian rompendo certos estereotipos e que os nenos e nenas se vaian acostumando a ver imaxes de outras realidades diferentes á súa.
ResponderEliminarSii, Yeico tambien nos conto la historia. Vino muy contento con kirikou y estuvo toda la semana contandonos trocitos del cuento.
ResponderEliminarNoa está emocionada con kiriku e a canción, gustanos a todos na casa unha vez que o descubrimos
ResponderEliminar