UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 29 de noviembre de 2018

AS NOVE MUSAS

     Cada día coas lecturas que facemos e coas charlas que temos nas asambleas xurden novas preguntas e temas para investigar. Onte estivemos lendo a historia de Orfeo e Eurídice e descubrimos que Orfeo, o protagonista deste relato mitolóxico, era fillo de Calíope, unha das nove musas. Entón eu preguntei aos pementeiros/as se sabían o que era unha MUSA e, claro, para eles Musa é a miña cadeliña a pequena, a filla de Troya (como vedes neste curso as miñas cadeliñas están moi presentes porque as dúas teñen nomes moi mitolóxicos)


   Pero MUSA é un personaxe da mitoloxía grega que ten moito significado porque representa a inspiración dos artistas. As musas eran as 9 fillas de Zeus que cantaban e bailaban nas festas dos deuses mentres Apolo tocaba a cítara, e baixaban á terra para alimentar a creatividade dos artistas que, cando escoitaban as súas voces, realizaban as súas creacións poéticas, musicais, pictóricas etc.

    Así que o novo reto foi investigar como se chamaban as nove musas e cal era a función de cada unha. E unha vez máis chegaron moitas respostas acertadas. ¡Así dá gusto! E alegreime de ver que Yeico tamén se animou a participar neste xogo dos retos. Pouco a pouco, xa sabía eu, todos os nenos e nenas se van animando a investigar porque comproban que o pasan ben, que é gratificante acertar a resposta, que é emocionante buscar e fantástico descubrir...











 

2 comentarios:

  1. Antes fago o comentario, e antes mo di na casa.Chegou do cole e dime, mamá hoy quiero hacer el reto, vamos a buscar el nombre de las nueve musas de Zeus. E quedei un pouco descolocada...jejeje.Noraboa a todos, e en especial a Yeico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén me alegrei de que participara. Cada vez que se vai animando un, é unha satisfacción para min. E, sobre todo, cando eles comproban que a resposta é correcta poñen tal cara de orgullo e lles sube a autoestima a tal nivel que iso é impagable. Espero que sigan sempre sentíndose ben cando aprenden algo novo, cando descubren cousas cos vos na casa, cando recordan información e a poden compartir cos demais...

      Eliminar