UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 17 de noviembre de 2018

MÁIS RETOS E PALABRAS NOVAS

      Retomamos a actividade de propoñer retos porque, a verdade, é que moitos nenos e nenas me preguntaban cada día cando lles ía plantexar novas preguntas para investigar na casa coa familia. Así seguindo con está dinámica habitual da aula que consiste en facer preguntas, plantexar incógnitas, propoñer problemas para buscar solucións diversas, estes días pasados xurdiron cuestións que os pementeiros/as investigaron na casa. Por exemplo, queríamos saber por qué o Ave Fénix está ardendo ou que é unha Ninfa. Houbo moitas respostas a estas dúas cuestións. Certamente tamén houbo algúns casos nos que a resposta non foi totalmente axeitada e algúns nenos/as que non recordaron ben a pregunta e buscaron información que non tiña que ver co reto plantexado. De todos os xeitos, como facemos sempre, felicitamos a todos /as os que se animaron a investigar porque xa o feito de ter interés é estupendo, as ganas  de aprender, o esforzo por recordar os datos, o tempo empregado na tarefa... todo iso é un paso importante do proceso de aprendizaxe. Non deixedes de investigar na casa, non deixedes de animar aos peques a que participen e se esforcen en prestar atención, porque co voso entusiasmo, cos vosos ánimos, co voso reforzo positivo, os nenos/as desenvolven bos hábitos, habilidades, destrezas e competencias básicas. Pois ben aquí tedes as aportacións dos pementeiros/as:
















        Unha cousa importante na que podedes axudar moito desde a familia é na elaboración da resposta que os nenos/as traen ao cole. Lóxicamente cando buscades en internet ou en un libro o significado de certas palabras, ou a explicación dun mito, pode ocurrir (e de feito ocurre) que o texto atopado resulte complexo e difícil de entender para os nenos de 5 anos. Non se trata tanto de que traian unha definición técnica como de que eles/as entendan o que están escribindo. Cando lles mandades copiar frases moi elaboradas, con vocabulario moi abstracto, non van recordar a información porque non a comprenden. Procurade ler con eles os textos, falade para comprobar o que entender e "traducídelles" a unha linguaxe máis sinxela o que non comprenderon, poñédelle exemplos, mostrádelle imaxes... O importante é o que eles aprenden, a resposta non é para min. Dígovos isto porque, en certas ocasións, eles/as veñen cun texto escrito pero despois non recordar nada do que escribiron nin saben explicarme o reto, porque realmente non o comprenderon.
  ¡Parabéns a todos os nenos e nenas que están participando,  ás súas familias! ¡Seguiremos investigando!
    Tamén recibimos algunhas cousiñas máis para o noso recuncho mitolóxico. Xa sabedes que Kirikou é o noso ídolo este curso e Marcos trouxo unha figura de madeira deste neno tan valente, resolutivo e intelixente, e o libro "Kirikou e a xirafa" que, curiosamente, tamén trouxo Noa. Agora temos dous iguais no recuncho pero está xenial porque como lles gusta moito pois  así teñen máis oportunidades de poder disfrutalo. Marcos tamén trouxo outro libro sobre mitoloxía grega e Noa un sobre animais fantásticos con sonidos.




    Estamos traballando moito sobre todas estas cuestións ao mesmo tempo que traballamos a lecto-escritura, o léxico, a expresión oral, o pensamento lóxico, a resolución de problemas... Na lecto-escritura estamos apreciando xa moitos avances e os nenos e nenas teñen moitas ganas de ler, están esforzándose e cada día vexo como melloran...





 

























    É xenial ver como van avanzando, como se van relaxando cando ven que son capaces de escribir ou ler unha palabra e o mellor de todo é comprobar que son felices cando superan obstáculos e medos. Pouco a pouco irán facendo estes avances todos e todas. Respetádelle o seu ritmo nas familias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario