Seguimos descubrindo moitas criaturas mitolóxicas sorprendentes co noso proxecto Trisquel. Ultimamente estivemos coñecendo algunhas características de Pegaso, Medusa, Arpía, Grifo, Cancerbeiro, Esfinxe, Centauro, Ave Fénix e Minotauro. Como lles encantan estes personaxes que son o resultadode mesturas de animais diferentes e seres humanos, que son representacións de cousas sobrenaturais, que dan medo a veces porque poden ser malvados, pero tamén certa envexa porque son fortes, intelixentes e teñen poder, decidimos facer un panel con todos eles para poñer no corredor. Así que estivemos dando cor aos debuxos destas criaturas mitolóxicas...
E así quedou o noso panel:
Pero tamén tivemos tempo de seguir traballando outras cousas na aula: facemos sumas. escribimos, lemos, xogamos nos recunchos e facemos ioga...
Que gusto velos Teté! Noa na casa tamén fai sumas e xa nos di que o número máis grande na cabeza e o outro o sumamos, colleuno moi ben! Gracias por motivalos tanto de formas tan diversas, é un gusto!
ResponderEliminarE que, claro, os dedos non chegan cando o número é moi grande, jajaja, así que gardan un na cabeza e listo. Non sempre o ven moi claro, pero pouco a pouco, van empezando a interiorizalo e penso que lles vai axudar para ir facendo cálculo mental. Todos os días no panel practicamos... o importante e que comprenden o que é sumar e van automatizando o feito de contar e comprendendo cada vez mellor a serie numérica... É estupendo qque o empreguen tamén na casa porque iso quere dicir que o están reforzando. ¡Xenial!
EliminarEu sempre digo que aos nenos/as lles gusta aprender cousas novas. Ás veces é certo que teñen medo a equivocarse pero é un proceso lóxico, para aprender algo tamén nos temos que equivocar, e o feito de que xoguen a facer esas cousas na casa implica que tamén teñen interese por facelo ben, por superarse, e iso é o primeiro paso para ter unha motivación intrínseca, que saia do seu interior non so do que lle digamos os adultos. Parabéns por esas ganas de prender!
ResponderEliminar