UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 11 de noviembre de 2018

A PORTA DE INFANTIL

    Os nenos e nenas de infantil xa entraron no mundo fantástico da mitoloxía a través de historias cheas de maxia, de relatos emocionantes de imaxes cheas de forza... e cada día van coñecendo novos mitos, novos personaxes, novas palabras... Pero as profes tamén queríamos que as portas de acceso ao noso espazo de infantil foran unha entrada visual, clara e impactante a este proxecto sobre mitoloxía que estamos xa desenvolvendo e disfrutando dentro das aulas e coas familias. Así que os nenos e nenas de A Pementeira e A Sementeira estivemos traballando para decorar este punto intermedio entre infantil e primaria. ¡Quedou xenial!










    Como vos decía, estamos adquirindo moito vocabulario novo. Ás veces falamos e falamos nas asambleas, lemos moitas historias, buscamos moitas imaxes en internet e, en ocasións, tamén hai moitas cousas que se van esquecendo. Así sucedeu con algunhas cousas das que xa faláramos na clase e que se "perderon" no medio de tanta información á que accedemos. Así que esta semana, lles plantexei aos pementeiros/as que investigaran na casa sobre certos términos que non recordaban, porque cando os nenos/as fan as cousas por si mesmos, cando se estimula a súa curiosidade, cando se lles plantexan preguntas ... pois normalmente recordan moitas máis cousas porque se implican máis, e non son so receptores pasivos de información. 
   Así que aquí temos varias respostas sobre vocabulario novo que estamos manexando en relación co proxecto.


 







1 comentario:

  1. A verdade quefou ben bonita a porta de infantil!!! Noraboa a tod@s, as palabras unha vez que lle falei delas ao velas no blogue faloume de todas Jijijijii pero antes nin mu,...Jijijijii agardo que as próximas si😉

    ResponderEliminar