O luns estivemos lendo algunhas cousiñas sobre o titán Atlas. Agora xa sabemos que, despois de perder a guerra contra os deuses, foi castigado a levar sobre os seus hombros a bóveda celeste. En numerosas obras de arte se representa a este xigante soportando o peso da esfera terrestre e tamén en Santiago de Compostela temos unha estatua de Atlas. Así que o reto do luns foi averiguar en qué lugar concreto de Santiago podemos contemplar ao titán Atlas soportando a bola do mundo.
E o martes chegaron varias respostas a este novo reto. Mirade:
¡Parabéns a todos os participantes no reto e, especialmente, aos que descubriron a resposta! Alegreime moito vendo que algúns pementeiros/as que nunca participaran neste reto se animaron nesta ocasión (algún ata tivo a sorte de ver a escultura de Atlas do Toural en vivo e en directo). Mesmo os que trouxeron unha resposta incorrecta poden sentirse ben porque as súas investigacións non foron en balde. Con elas aproveitamos para coñecer máis esculturas famosas de Atlas: o Atlas Farnesio do Museo Arqueolóxico de Nápoles e o Atlas do Rockefeller Center de New York que a min, particularme, me gusta moito.
E que a mitoloxía está moi presente no noso día a día, na nosa linguaxe, nas rúas, no mundo da arte de maneira moi evidente, na música e ata nos xogos dos máis pequenos. Pensade precisamente en palabras e expresións que empregamos constantemente: eco, odisea, talón de aquiles, atlas, cancerbero, ser un narcisista... todo isto ten a súa orixe nos mitos que nós estamos coñecendo este curso. Moitas veces non somos conscientes de como a nosa cultura ten raíces na antiga mitoloxía. Na Pementeira estamos facendo moitos descubrimentos.
¡Veña a ver se máis pementeiros/as se van animando a participar nos retos! Prométovos que é divertido. Sara Vidal, Anrís e gabriel que era a primeira vez que particpaban estaban superfelices e teñen moitas ganas de seguir investigando.
Enzo trouxo algunhas cousiñas máis para o noso recuncho mitolóxixo: un conto de Kirikú e unha peza de cerámica a estilo celta que fixo na casa.
E hoxe levamos unha grata sorpresa porque Alex V.S. tivo un bonito detalle con todos/as os seus compañeiros/as: trouxo rosquillas de anís para todos!!! Onte xa me contou que as ía facer con Pili, porque lles gusta moito isto da cociña e a repostería. E debe ser certo porque as fixeron realmente ben. Estaban deliciosas, suculentas, saborosas e superfresquiñas (non sabedes como disfrutei hoxe o meu cafeíño do recreo!!!!) Grazas a Alex, a Pili e ao papá e mamá de Alex por darnos esta agradable sorpresa. Onte biscoito delicioso e hoxe rosquillas, ¡vaia semana máis doce!
Noraboa!!! a todos os novos investigadores...Yeico contou na casa a historia de Atlas e polo que contas no blog, estuvo ben atento na clase xa que nola contou tal cual a explicaches pero, o reto deixouno escapar. (outra vez sera...).
ResponderEliminarPor outra parte decir que esas rosquillas tiñan unha pintaza, menuda suerte!.
As rosquillas garantízovos que estaban deliciosas. Sí que tivemos sorte a verdade. E non sei se sería a influencia destes doces pero o caso é que levamos dous días estupendos na Pementeira, jajajaja!
EliminarJajaja, en serio non a coñecías???? porque hai bromas sobre esa estatua en Santiago, de toda a vida. Pois intentaremos ir descubrindo máis cousiñas preto de nos. A mitoloxía está por todos os lados. Animádevos a descubrir novos personaxes mitolóxicos polas rúas...
ResponderEliminarBueno menos mal que non me sinto sia Jijijijii eu tampouco me fixara. Nós estamos desexando entrar a investigar nos retos, a ver se Noa nos conta,...seguirei intentado, tirando de la a ver si conta,...😅😘
ResponderEliminarclaro que sí. Pouco a pouco vanse animando e colléndolle o gusto.
Eliminar