UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 21 de octubre de 2018

AVANZAMOS CO PROXECTO TRISQUEL

   Seguimos recibindo cousiñas para o noso recuncho mitolóxico do Proxecto Trisquel e seguimos traballando, investigando e aprendendo cada día na Pementeira. Sara Castaño trouxo un libro sobre Hércules. Aleixo tamén nos trouxo un libro sobre Hércules e outrp moi interesante sobre as gárgolas de Compostela. Ademais tivo a sorte de visitar o Castro de Baroña e sacou unhas fotos que tamén trouxo para o cole. E Noa trouxo un "atrapasoños", que ten que ver cunha fermosa lenda dos indios americanos, chulísimo que xa temos colgado na aula para que atrape todos os fermosos soños que temos os nenos/as e os maiores.




 


  Aproveitando que Aleixo nos contou moitas cousas sobre o Castro de Baroña. fixemos unha actividade impresa sobre ese tema...



















   Seguimos propoñendo retos, e o último tiña que ver de novo con Herakles, ou Hércules. Os pementeiros/as tiñan que averiguar en que lugar se sitúan as "Columnas de Hércules", onde tamén se atopa unha coñecida escultura do famosísimo héroe da mitoloxía.
Ver las imágenes de origen
    Pois ben, a maioría dos nenos e nenas da aula trouxeron a resposta correcta.



















  ¡Parabéns para Alex Vázquez Seco, Enzo, Óscar, Alex Vázquez Rodríguez, Daniel, Carmen, Rafiña, Sara García, Adan, Noa, Hugo, Icía, Pablo, Marcos,Valeria, Mariña e Aleixo!


1 comentario:

  1. Este recuncho xa ten unha boa forma!! Seguiremos investigando porque estamos aprendendo moito tod@s!! 😉😘

    ResponderEliminar