UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 25 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

    O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Como éramos pouquiños na aula, só 9, non fixemos a actividade impresa que estaba programada e deixámola para o día seguinte. 
Resultado de imagen de día del libro   Pero lemos a historia de San Jorge e o dragón, aprendemos algunhas cousas sobre o Dragón de Komodo, falamos de Cervantes e Shakespeare, vimos na PDI a aventura de D, Quijote e os muíños de vento, fixemos un marcapáxinas na biblioteca, pintamos as obras que fixemos antes de vacacións no taller de modelaxe, e ata comemos galletas que nos quedaran do cumple de Alex V.R. En fin, aproveitamos a mañán moi ben que para iso vimos ao cole.



















    O mércores, xa case todos xuntos na aula, retomamos o traballo cotián e recibimos a visita dunha libreira de Santiago que nos contou un conto e nos mostrou varios libros realmente interesante. De feito mercamos tres para a nosa aula.


















  Imagen relacionada

lunes, 15 de abril de 2019

E O COELLO DE PASCUA VISITOU O COLE

     Chegamos ao remate do segundo trimestre, rematamos os nosos traballos, prepararamos as portadas e as bolsas e, finalmente, tivemos a sorte de que, una ano máis, o coelliño de pascua quixo deixarnos os seus ovos de chocolate escondidos polo patio. Aquí vos deixo un resumo do último día de cole antes das vacacións, con peli, yoga, picnic e música... todo incluído.

























































































Ver las imágenes de origen