UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA AUGA

    

    O venres 22 de marzo conmemoramos o "DÍA MUNDIAL DA AUGA". Estivemos reflexionando sobre a importancia da auga nas nosas vidas e sobre o que podemos facer para aforrar auga e, por suposto, non contaminar a que temos. Despois decidimos facer un pequeno mural no que mostramos con imaxes e textos breves cómo poderían chegar a cambiar os relatos mitolóxicos que tanto nos gustan se as augas dos mares, ríos ou lagos estivesen cheas de lixo, plásticos e todo tipo de suciedade. Tratamos de darlle un certo toque de humor a algo tan importante como é manter limpas as augas do noso planeta terra e xogamos a inventar qué dirían algúns personaxes mitolóxicos si se atoparan cos mares e ríos cheos de botellas de plástico, latas, tetra-bricks, cd etc. 
    ¿Queredes saber que dirían Ícaro, Afrodita ou Narciso? Pois mirade ben as fotos...




















jueves, 21 de marzo de 2019

THE SNOW QUEEN

      Hoxe disfrutamos en Santiago dunha obra de teatro en inglés titulada "The Snow Queen". Como xa sabedes por experiencias anteriores, o simple feito de ir todos xuntos no autobús xa é toda unha aventura alucinante. Os pementeiros/as siguen estando moi inquedos e faladores e aínda que, durante a representación estiveron atentos e máis ou menos silenciosos, o resto do tempo é difícil que controlen os berros. Pero en fin, imos ao importante, aquí vos deixo as imaxes do día para que vexades que disfrutaron moito e que lles encanta saír do cole todos xuntos e asistir a todo tipo de eventos culturais e sociais.