Seguimos descubrindo moitas criaturas mitolóxicas sorprendentes co noso proxecto Trisquel. Ultimamente estivemos coñecendo algunhas características de Pegaso, Medusa, Arpía, Grifo, Cancerbeiro, Esfinxe, Centauro, Ave Fénix e Minotauro. Como lles encantan estes personaxes que son o resultadode mesturas de animais diferentes e seres humanos, que son representacións de cousas sobrenaturais, que dan medo a veces porque poden ser malvados, pero tamén certa envexa porque son fortes, intelixentes e teñen poder, decidimos facer un panel con todos eles para poñer no corredor. Así que estivemos dando cor aos debuxos destas criaturas mitolóxicas...
E así quedou o noso panel:
Pero tamén tivemos tempo de seguir traballando outras cousas na aula: facemos sumas. escribimos, lemos, xogamos nos recunchos e facemos ioga...