UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 30 de octubre de 2018

GÚSTANOS O ROCK-AND-ROLL

     Na Pementeira gústanos cantar e bailar, gústanos o ritmo potente e o rock-and-roll. Procuramos empezar a xornada con música e aquí vos deixo dous exemplos de cancións que nos fan disfrutar: Rockanrol dragón e Stompa.


lunes, 29 de octubre de 2018

PEQUENO RESUMO DA SEMANA

 A semana pasada recibimos algunhas cousiñas máis para o noso recuncho mitolóxico: Rafiña trouxo un libro que fala das civilizacións do mundo antigo. Marcos trouxo un libro sobre os deuses gregos. Sara Castaño trouxo unha ilustración de Obatalá...



   Yeico trouxo moitas fotos da súa viaxe a Benidorm e a Terra Mítica. Algunhas das fotografías encaixan perfectamente co tema do Proxecto Trisquel  xa que aparecen deuses como Zeus ou Atenea, e personaxes mitolóxicos como o Minotauro... Comprobamos que nese gran parque temático, Yeico  sentiuse como se estivese no Antigo Exipto, en Grecia ou en Roma.

   Icía tamén trouxo imaxes da súa viaxe a Italia nas vacacións de verán. Na casa fixeron un libro coas fotografías máis representativas e gustounos moitísmo. Vimos a Torre de Pisa, o Coliseo, Pompeya, o David de Miguel Ángel, Florencia, vimos a Icía comendo un cacho enorme de pizza e como se alimenta tan ben, ten moita forza e, despois, é capaz de aguantar a Torre de Pisa para que non caia.

 
    Tivemos a oportunidade de disfrutar cun xogo de equilibrio que gustou moito aínda que, todo hai que dicilo, tamén causou un pouco de frustración porque require moita paciencia, control motriz, orden a tranquilidade e iso aos pementeiros/as parece que non se lles dá moi ben ultimamente. A ver se xogando, conseguimos mellorar esas habilidades e controlar un pouquiño a impulsividade e as prisas.

    O venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Algúns nenos e nenas trouxeron os seus calcetíns antideslizantes. Practicamos un par de posicións que costaron traballo. Algúns pementeiros/as enfadáronse porque, como xa vos veño dicindo ultimamente, queren conseguir todo rapidamente e hai cousas que nos costan máis que outras e que, ao mellor, non nos saen perfectas o primeiro día. Pola contra, outros nenos/as esforzáronse moito a verdade e van mellorando no seu equilibrio, na súa flexibilidade e no seu control corporal global.




























miércoles, 24 de octubre de 2018

STONEHENGE

    Este tema da mitoloxía estanos levando a descubrir cousas moi interesantes que hai polo mundo. Un día Añejandro Vázquez Rodríguez, despois de falar naclase dos druídas trouxo información sobre un monumento megalítico chamado STONEHENGE, porque hai quen pensa que puido ser unha especie de punto de reunión dos druídas, un lugar no que se reunían para celebrar certos rituais (aínda que o monumento foi construído con moita antelación á época dos druídas). Así que estivemos aprendendo un montón de cousas sobre esta costrucción tan sorprendente, tendo en conta a época na que foi feita. O venres levamos unha sorpresa porque na parede do corredor apareceunos un stonehenge pintado que nos meteu máis ganas de investigar aínda...




   Lemos que probablemente Stonehenge foi un santuario ou un observatorio relacionado co culto ou a observación do sol e a lúa. Aprendemos que a palabra MEGALÍTICO significa "que está feito de pedras moi grandes"

   Entón empezamos a plantexarnos  como fixeran os homes que construíron Stonehenge para levar alí esas pedras tan grandes e poñelas de pé se non tíñan grúas nin máquinas de ningún tipo. Na información que trouxo Alex había uns debuxos sinxelos que explicaban o posible procedemento de construcción empregado, pero resulta que algúns pementeiros curiosos non entendían moi ben eses gráficos e  expuseron as súas dúbidas, así que a profe (armándose de valor, porque a escultura non é o seu forte) tratou de explicar dun xeito máis claro o proceso de traslado e de elevación das pedras empregando plastilina. Penso que, finalmente todos e todas entenderon  como probablemente se edificou Stonehenge (preguntádelle aos vosos fillos/as a ver se son capaces de contárvolo).






   Despois tamén vimos imaxes e vídeos sobre Stonehedge e fixemos unha actividade impresa a modo de resumen.