UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 27 de septiembre de 2018

ANRÍS XA TEN 5 ANOS!

   Quedan ben pouquiños nenos ou nenas que aínda non cumpliran 5 anos na Pementeira. Hoxe celebramos o aniversario de Anrís que chegou moi contento coas súas galletas caseiras e con ganas de compartilas cos compañeiros e compañeiras.
   Anrís apagou as candeas con total precisión, dun único soplido (canto ten que aprender o lobo do conto dos 3 porquiños!) e despois dos aplausos e a canción, chegou o momento de degustar as deliciosas galletas. 
Imagen relacionada    Como as galletas traían un lazo tan bonito, decidimos poñelo na coroa (porque non tiñamos ganas de tiralo) e Anrís parecía un auténtico agasallo!























Imagen relacionadaResultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños

miércoles, 26 de septiembre de 2018

OBATALÁ E MÁIS COUSAS PARA O RECUNCHO MITOLÓXICO

    Onte rematamos de escribir os nomes dos compoñentes dos equipos mitolóxicos. Xa escribíramos os dos equipos Merlín e Perseo e onte escribimos os do equipo Obatalá.















    E estamos xa recibindo cousiñas para o recuncho mitológico: Enzo trouxo un libro titulado "Mitos y leyendas", Aleixo trouxo outro libro sobre "O rei Arturo", Óscar trouxo unhas ilustracións dunha peli sobre Merlí, Arturo e a espada Excalibur, Rafiña trouxo unha imaxe de Merlín, Alejandro V.R. trouxo unha ilustración de Panoramix que é un druída (así que aproveitamos para coñecer unha una palabra -DRUÍDA- que aínda que a escoitamos o curso pasado concretamente no conto de Lupa, non profundizáramos no concepto en sí e que é precismente a figura que aparece na tarxeta do nome de Alex V.R.) e un libro moi interesante sobre os Mayas (e aproveitamos tamén para coñecer outro personaxe mitolóxico que é a "Serpe emplumada" que  ten Enzo na súa tarxeta do nome), Yeico trouxo un libro titulado "Júpiter, Juno y Plutón y otros dioses del montón) e Marcos trouxo información sobre Obatalá, un deus africano, creador do mundo según a tradición Yoruba.






Resultado de imagen de serpiente emplumada maya ilustraciones    Grazas familias, os pementeiros chegaron felices coas súas aportacións e pouco a pouco está xurdindo e medrando o noso recuncho mitolóxico.