Na Pementeira lemos moitos contos, libros de relatos literarios e libros informativos sobre o mar e os seus segredos e curiosidades. Estamos aprendendo moito e, tamén moi importante, disfrutando a tope con todo o que estamos descubrindo. Hoxe gravamos o significado de dúas expresións que teñen moito que ver con todos estes temas mariños:
MASCARÓN DE PROA e BANCO DE PEIXES
Os encargados de explicalas ante a cámara foron Marcos e Aleixo que saíron voluntarios e se esforzaron en explicar o significado destas expresións coa maior claridade e precisión posibles. ¡Parabéns aos dous!
Para facer estas definicións, por suposto, falamos moito sobre o tema concreto e vemos moitas imaxes no ordenador para que o nos cerebro vaia procesando a informacióne gardando datos de xeito significativo. Aquí vos deixo algunhas imaxes de mascaróns de proa e de bancos de peixes. Ademáis co término "BANCO" hoxe descubrimos o que é unha palabra polisémica (porque sabemos, polo menos, tres siginificados de BANCO). Preguntádelle aos pementeiros/as si os recordan!




