UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 23 de marzo de 2017

ESCRIBINDO OS NOMES

    Seguimos practicando a escritura do nome propio. Hai moitos pementeiros/as que xa o fan moi, moi ben e outros están collendo soltura, afianzando o trazo e memorizando as grafías. Pouco a pouco vai saíndo mellor e con menos esforzo.


escribiendo los nombres - Kizoa Editar Videos - Movie Maker























    Tamén seguimos traballando outras cousas como as figuras xeométricas por exemplo e aproveitamos para escoitar música e facer as actividades con tranquilidade e nun ambiente relaxado e agradable. Non sempre o conseguimos pero moitas veces sí, e entón a aula é un lugar cheo de boas vibracións, de feito algúns ata se arrancan a mover o esquelete ; pero tampouco é tan raro ter ganas de bailar e moverse cando a música nos anima, non?


    Temos libros novos na nosa biblioteca de aula. Hoxe estivemos lendo "Un monstruo muy especial" e pasámolo xenial. A historia de tres mpnstruíños chamados ESPANTOSO, HORROROSO e SORPRESITA encantounos e valeunos para reflexionar sobre o feito de ser diferentes. Sorpresita era moi distinta dos seus irmáns e eles non querían xogar con ela, pero finalmente descubriron que ela era especial e que tiña habilidades propias e aprenderon a valorala e querela. Os pementeiros/as ata lle deron un forte aplauso a este conto.


     Nesta semana fixemos moitas máis cousas pero xa vos iremos contando.

viernes, 17 de marzo de 2017

UN BODEGÓN DE CEZANNE

  Seguimos aprendendo moito sobre arte. Agora coñecemos unha nova palabra: BODEGÓN. Un bodegón é unha pintura na que se representan alimentos, bebidas ou utensilios relacionados coa comida. Na Pementeira estivemos pintando un bodegón de Cezanne, un pintor francés do que tamén coñecemos a obra "Os xogadores de cartas".


E aquí están os nenos e nenas traballando e o resultado final.

















Resultado de imagen de ainda nada     E como seguimos disfrutando de bo tempo, aproveitamos para facer ouro picnic (non vaia ser que empece a chover e xa se nos acabe a boa vida) e, despois, tamén fomos regar os bulbos a ver se o luns xa temos a sorpresa de ver que medraron un poco (esperemos que non nos pase como ao señor Luis do conto "Aínda nada?")