UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 15 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN INSTRUMENTOS AFRICANOS: KASS-KASS E MARACA CON TRUCO

Seguimos coñecendo instrumentos musicais africans e e disfrutando con eles. Nesta ocasión tocoulle o turno a un intsrumento de percusión bastante peculiar que se chama KASS-KASS. Pero hai que dicilo todo, a pesar de que parece un artiluxio moi sinxelo, non é nada, nada fácil de tocar. De feito, algúns pementeir@s non foron quen de facelo.










E aquí está o vídeo que demostra o difícil que é tocar os KASS-KASS pero que se pode conseguir. Atendede á estupenda presentción que fixeron Alonso e Alba.
 

E, por último, Anxo fixo a presentación dunha maraca con truco. ¡Mirade!
Gifs Animados Música (104)

jueves, 10 de diciembre de 2015

HATHOR

Onte foi día de reto, e este último enigma que os pementeiros tiñan que resolver estaba relacionado coa decoración do noso corredor de infantil, concretamente con esta imaxe:









A pregunta era: ¿Quen é esa deusa exipcia representada na pintura, e como se chama ese "bastón" que leva na man?
Pois aquí están os gañadores do día coas súas respostas:



 Como vedes, o nome da deusa é HATHOR, deusa do amor, a alegría, a danza e as artes musicales. Recoñécese polos cornos de vaca que leva na cabeza e o disco solar. Os tres investigadores trouxeron correctamente o nome da deidade pero só Inés apuntou o nome do "bastón", SISTRO, un talo de papiro.
¡Parabéns aos gañadores! Pero, tamén, quero felicitar aos que o intentaron e trouxeron unha resposta (aínda que non fose a correcta). Seguide intentándoo. Veredes que ben vos sentides cando acertedes e poña a vosa resposta e a vosa foto no blog. E o mismo lles digo aos que aínda non o intentaron nunca. ¡Ánimo! ¡Investigar é divertido!

 E como o día empezou con tema exipcio, pois aquí vos deixo unhas fotos dos faraóns da Pementeira.












 





miércoles, 9 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN INSTRUMENTOS AFRICANOS:MARACAS

As maracas son instrumentos de percusión  idiófonos. Sábese que, desde fai milleiros de anos, foron empregadas en moitos lugares do mundo. E África ten unha gran variedade de maracas, normalmente feitas con cabazas e sementes ou pequenas cunchas, como os cauris. Xa fixemos a presentación das AXATSÉ (ou SHEKERÉ) e as CAXIXI que son tipos de maracas. Hoxe estivemos tocando unha nova maraca (aínda que sempre se tocan dúas á vez, eu só teño unha) que sabía que lle ía gustar moito aos pementeir@s xa que ten moitas cores e soa moi ben (non é moi tradicional pero é divertida).



 








 







E aquí está a presentación feita por Lucas (que lle saiu á primeira). igual quere ser reporteiro. O outro día algunha rapaza dixo que quería ser periodista porque así tiña que viaxar polo mundo para contar o que pasa. A ver se con estes "viaxes pementeiros" conseguimos que algún ou algunha se anime a escribir as súas propias crónicas.


 E para rematar, un par de cousiñas novas que chegaron para o recuncho africano: un libro de Alma e un dromedario de Lucía.