UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 23 de abril de 2014

¡CANDELA XA TEN 4 ANOS!

Hoxe celebramos na Pementera o cumple de Candela que xa está feita toda unha moza de 4 anos. En realidade, o seu aniversario foi o día 14 pero non había cole así que a "festa" co resto dos pementeiros celebrámola hoxe coas tradicionais galletas que fan as delicias de nenos e nenas.
As candeas debían estar frescas tras a  Pascua e Candela un pouco cansada despois de tanto "gusanito loco" porque un pouco máis e temos que pedir axuda para apagalas.









 ¡¡¡POR FIIIIIN!
















martes, 22 de abril de 2014

DE VOLTA AO COLE

Despois das vacacións de Pascua, chegou o día de regresar ao cole para reencontrarnos cos compañeiros e disfrutar das rutinas e actividades escolares. Hoxe como había moi pouquiños nenos e nenas no cole, os de infantil (de 3, 4 e 5 anos) estivemos todos xuntos. Primeiro estivemos falando das vacacións, na aula de 3 anos vimos un puzle novo (que chegou desde Holanda) e despois xogamos e merendamos xuntos (nun picnic pero a cuberto, na aula de psico, porque orballaba un pouco)









 A profe María troxo un ovo de chocolate grande que compartiu con todos os nenos e nenas, e coas profes ¡Grazas profe María!







E despois da hora do recreo, empezamos a facer unhas bolboretas que rematamos pola tarde. ¡Quedaron superchulis!