UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 27 de febrero de 2014

DISFRACES VARIADOS

Hoxe xoves enchemos o cole de disfraces de todo tipo. Os pementeir@s viñeron realmente guapos e pasamos un día superdivertido.












 Pola tarde moitos nenos tiñan ganas de xogar coa plasti e de "escribir" o seu nome. Mirade que ben o saben poñer.






 E mañán, todos preparados para disfrutar dos contos e historias medievais, para vir moi elegantes vestidos de personaxes como San Jorge de Capadocia, ou o Rey Arturo, ou Robin Hood e o Flautista de Hamelin, ou Mérida e Rapunzel... en fin temos moito onde elixir. E todos imos  bailar una  danza medieval e disfrutar do Entroido con merendola incluída.
¡GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS POLA COLABORACIÓN!


miércoles, 26 de febrero de 2014

TERCEIRA MANDA DO MECO

Hoxe mércores, cumprimos coa terceira manda do Meco e así  de divertidos se presentaron os pementeiros/as no cole...







E mañán ... ¡a disfrazarse do que cada un queira! A ver que sorpresas me dan os nenos e nenas de A Pementeira.


martes, 25 de febrero de 2014

OUTRA MANDA DO MECO

Hoxe, martes 25 de febreiro, os pementeir@s chegaron con zapatos diferentes como lle mandara onte o Meco.













 E agora, ¡atención ao que manda o Meco para mañán!






¡LUCÍA XA TEN 4 ANOS!

Onte luns 24 de febreiro (por certo o día do cumple de Rosalía de Castro) celebramos o aniversario de Lucía.  Estaba moi contenta e despois de apagar as candeas (con gran esforzo porque sopraba e sopraba pero non había maneira...) quixo compartir con todos os compañeiros/as unha caixa de galletas (que desapareceu voando).












Para Lucía foi un día completo xa que lle tocou ser a encargada (a bufón do día) e pasar lista. Aquí está o vídeo no que a podedes ver facer a súa tarefa de encargada. A pena é que onte había un pouco de ruído e non se escoitaba moi ben.
E xa para rematar o luns, tamén podedes ver como traballaron os pementeir@s.