Agora xa hai moitos/as pequepementeiros/as que queren que os grabe pasando lista para verse despois na casa con papá e mamá, claro. Así que aquí vos queda un novo vídeo con un Papá Pitufo e unha Pitufina pasando lista ao inico da xornada escolar onte e hoxe. Espero que o disfrutedes e animedes aos que aínda faltan para que tamén se encarguen desta tarefa diaria.
UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 7 de noviembre de 2013
miércoles, 6 de noviembre de 2013
TRABALLANDO TRANQUILAMENTE
Hoxe conseguimos un pouquiño de tranquilidade e concentración á hora de facer o traballo na aula "A Pementeira". Non sabedes o contenta que estou de ver, por fin, a esta nova xeración de pementeiros/as traballando xuntos e concentrados, disfrutando da música. Non todo o día foi tan fácil pero imos dando pequenos pasos e cando temos un éxito así, aínda que pareza pouca cousa, gústame compartilo con vos.
martes, 5 de noviembre de 2013
PASANDO LISTA IV
Na Pementeira seguimos dándolle a oportunidade aos nenos e nenas de levar a voz cantante nunha das rutinas máis importantes do día, que é pasar lista para comprobar quen está no cole e quen quedou na casa. Penso que xa se vai notando que teñen máis soltura e xa teñen menos medo á hora de asumir unha pequena responsabilidade. Eu espero que, pouco a pouco, vaian descubrindo que participar nas tarefas e facer as cousas por un mesmo fai que nos sintamos ben, e que a recompensa é, precisamente, a satisfacción de superar pequenos obstáculos, de aprender cousas novas, de sentirnos importantes e capaces... Unha vez máis, aproveito para animarvos, pais e nais, a darlles oportunidades aos vosos fillos/as de facer as cousas por si mesmos, de animalos a que se esforcen e de facerlles ver que eles poden, que non son bebés e son capaces de facer un montón de cousas eles sós e que non son mamá e papá os que lle teñen que dar todo feito.
Por exemplo, hoxe cando lle preguntei a Anxo se quería pasar lista, el díxome que non. Entón pregunteille:
-E logo, ¿non queres ser hoxe Papá Pitufo? ¿Por qué non queres pasar lista?
Anxo contestou con toda a razón do mundo:
-Porque tomei mel con limón.
-¡Estupendo!-díxenlle eu- Seguro que vas ter unha estupenda voz para pasar lista.
Así foi. Pasou lista, fíxoo moi ben e el quedou moi satisfeito e contento porque os compañeiros lle deron un aplauso. Probablemente pensara quen non era quen de facelo pero descubriu que si podía. Anímovos a ver o vídeo e veredes a cara de Anxo ó final.
jueves, 31 de octubre de 2013
FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO
Onte, mércores 29 de outubro, celebramos no cole a Festa do Samaín. As aulas de infantil enchéronse de bruxas, esqueletes, monstros, cabazas, vampiros... Daba medo pasar por alí. Pero, a verdade é que o pasamos moi ben. Mirade que elegantes estaban todos...
E a continuación todo o mundo a bailar!
E para rematar unha xornada festiva, nada mellor que comer unhas boas castañas asadas aproveitando o día frío pero sen choiva.
Como vedes foi un día ben completiño. Agora a descansar uns días e á volta xa veremos que máis actividades nos esperan no cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

