UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 4 de abril de 2019

ALEX XA TEN 6 ANOS

   Seguimos celebrando aniversarios e hoxe tocoulle o turno a Alex, V.R. que xa ten 6 anos. Para celebralo con todos os compañeiros/as do cole, trouxo un biscoito moi ben decorado cun trisquel de chocolate que fixo as delicias dos nenos e nenas que tiñan moitas ganas de probalo. Alex apagou rapidamente as 6 candeas e,a continuación, todos xuntos degustaron o delicioso doce.




Imagen relacionada




























Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños

lunes, 1 de abril de 2019

MEDINDO

    Coñecendo relatos mitolóxicos de todo o mundo, chegamos ata África e descubrimos unha fermosa lenda sobre os baobabs. Seguro que recordades que plantexamos un reto sobre estas maxestuosas árbores. tamén fixemos unha actividade impresa e lemos varios contos africanos nos que sempre está moi presente o baobab. Como xa sabedes o traballo por proxectos nos permite relacionar contidos moi diversos e neste caso, partindo dunha lenda, chegamos a investigar en que lugares vive o baobab e canto pode chegar a medir de altura e de grosor. Ademáis aprendemos unha palabra nova: diámetro. Así que partindo da mitoloxía aprendemos conceptos de xeometría.
Ver las imágenes de origen



















     Obviamente para os nenos/as pequenos é complicado comprender e imaxinar canto son 10 metros, así que o mellor que se pode facer para que comprendan o tamaño do baobab, o grosor do seu tronco, é mostrarlles realmente eses 10 metros, medíndoos no patio, representando cunha liña ese diámetro da árbore e facendo que todos os nenos/as "rodeen" ese tronco imaxinario. Vendo que entre todos non o poden abarcar, poden comprender verdadeiramente o que ocupa un baobab.






Ver las imágenes de origen

Resultado de imagen de gente rodeando un baobab

Resultado de imagen de baobab tree