Remataron as vacacións de Nadal e hoxe os pementeiros/as chegaron moi felices ao cole. Encantoume velos entrar con ilusión, con moitas cousas que contar, con enerxía... E aínda que facía frío, a nosa aula encheuse de calor cos sorrisos e os ollos curiosos de todos os nenos e nenas cando viron que había por alí algúns paquetes e unha carta misteriosa.
Resulta que os Reis Magos tiveron o estupendo detalle de deixar uns agasallos na nosa clase.
O primeiro que abrimos era un libro superchulo.
Despois abrimos outro paquete máis grande que tiña... ¡maletíns para levar o pasaporte lector!
Os maletíns causaron furor entre os pementeiros/as pero resulta que como son todos iguais pois pensamos que quizá ía ser un pouco complicado distinguir cal era o de cada un cando empezaran a viaxar ás casas. Entón fomos lendo a carta que nos deixaron os Reis Magos e pensamos que quizá na bolsiña que nos faltaba por abrir podería haber algo que nos servira para "personalizar" os maletíns. É certamente así era...
E resulta que aínda había máis sorpresas porque Yeico e Carmen trouxeron dous agasallos moi especiais que eu, personalmente, teño que agradecer de todo corazón. Yeico acordouse de pedirlle a Papá Noel uns libros para min que me encantaron e que, por suposto, imos empregar na aula e disfrutalos todos xuntos. E Carmen pintou un cadro espectacular cun trisquel e unha dedicatoria que me emocionou.

Estou moi agradecida por estes agasallos, polo feito de que os nenos/as se acordaran de min nas vacacións e as súas familias estiveran aí mostrando o seu apoio. E estou encantada de que a volta ao cole fora tan alegre, con tantas apertas, con tantos sorrisos, con esa ilusión... de verdade. Seguro que este trimestre vai estar cargadiño de cousas boas.
GRAZAS A TODOS/AS
¡QUEDA INAUGURADO O SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 2018-19!