UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 4 de diciembre de 2018

EXPERIMENTOS

     O xoves pasado tivemos a oportunidade de visitar unha presentación de experimentos na biblioteca do cole. Os alumnos e alumnas de 5º  foron explicando cada un dos experimentos aos grupos de infantil e, nalgunhas ocasións, tamén deixaron que os nenos e nenas participaran dun xeito máis activo. Os peques disfrutaron moito e espero que aprenderan moitas cousas novas. 






























































































¡QUÉ INTERESANTE!
Resultado de imagen de GIFS ANIMADOS CIENTÍFICOS

domingo, 2 de diciembre de 2018

TOCANDO O METALÓFONO

   Ultimamente estamos mergullados na historia da Frauta Máxica de Mozart, coñecendo os personaxes, escoitando a música, disfrutando coas aventuras narradas... e agora estamos aprendendo a tocar un cachiño da melodía, un fragmento sinxelo da Aria da Raíña da Noite. Primeiro escoitamos o fragmento coa frauta doce, pero os dediños dos nenos/as de 5 anos non consiguen aínda tapar ben os buratiños, así que para ir collendo soltura e identificando cada nota musical empezamos a traballar co metalófono. ¡Mirade como xa varios pementeiros/as consiguen reproducir un pequeno esquema rítmico! Para ser o primeiro día que o facemos, estou realmente contenta co resultado. Seguro que en pouco tempo estaremos tocando toda a partitura. ¡Xenial!