UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 11 de diciembre de 2017

PEDRAS VOLCÁNICAS,CARACOLAS E ÁRBORES DE NADAL

    Hoxe, tras un descanso de cinco días con cicloxénesis explosiva incluída, retomamos as actividades escolares con ganas e con moitas actividades diferentes. Así que vou facer unha destas entradas que máis me gustan a min, porque como vedes no título recolle cousas moi distintas, que non gardan relación directa entre elas pero que nun aula de infantil poden entremezclarse con naturalidade.
    Para empezar a mañán estivemos observando caracolas e aprendendo os seus nomes. Partimos das caracolas reais que temos no recuncho (traídas polos nenos/as) e duns debuxos que lles gustaron moito a todos.




Coñecemos a CARACOLA REINA,
Imagen relacionada
a caracola TROMPETA DE TRITÓN, chamada así porque é a que empregan os tritóns para tocar,
Resultado de imagen de caracola trompeta de tritón
Resultado de imagen de tritón mitología
a caracola BUCINO DO MEDITERRÁNEO,

Resultado de imagen de caracola bucino del mediterráneo
a OSTRA PERLÍFERA,
Resultado de imagen de OSTRA PERLÍFERA
a cuncha da VIEIRA,
Resultado de imagen de CONCHA DE VIEIRA
e ata un fósil de AMMONITES, un animal prehistórico que se pensa era moi similar ao nautilus.
Resultado de imagen de AMMONITES
 Despois estivemos observando pedras volcánicas que eu trouxen do ETNA (Sicilia) e da illa de SANTORINI (onde algúns pensan que podería estar mergullada a ATLÁNTIDA). Primeiro comprobamos que había un tipo de pedra que pesaba moi pouquiño, é a PEDRA PÓMEZ, mentres que calqueira das outras pesaban moito máis. Comprobamos coa báscula que dúas pedras de igual tamaño, unha de pedra pómez e outra de basalto, a segunda pesaba moito máis.







Tras tanto traballo científico, descansamos un pouco a mente con actividades plásticas. levamos xa uns días realizando uns elementos decorativos para colocar na aula de psico durante os días previos ás vacacións do Nadal. E así van avanzando as tarefas...
 
















    E así quedou a nosa primeira árbore. E agora comezamos a segunda, a ver qué tal...






    E hoxe aínda fixxemos máis cousas, pero xa volas contaremos noutra ocasión.
 Imagen relacionada

lunes, 4 de diciembre de 2017

MARTÍN E OS BIOSBARDOS

    Hoxe tivemos sorpresa no cole. ¡despois do recreo fomos ver unha obra de teatro! ¡Qué sorte! Chegamos de xogar no patio e fixemos fila para ir ao ximnasio e alí a Asociación Ámbar representou para todos nós a divertida obra "Martín e os Biosbardos".  












      Nós non sabíamos o que era iso dos "biosbardos" e resulta que son uns seres misteriosos e máxicos que viven no monte e que son metade rato metade paxaro. Todos os nenos e nenas observaron e escoitaron aos actores e actrices con suma atención e disfrutaron da historia de Martín e, por suposto, non querían perderse o momento no que apareceu en escea un biosbardo con plumas de moitas cores.









        Despois tamén apareceu a Fada do Castro da Cidade toda vestida de cor branca...















Resultado de imagen de gifs animados teatro