UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 3 de mayo de 2017

ESCULTURA, PINTURA E MÚSICA

       Volvemos destes días de descanso con moita enerxía, ganas de vernos e traballar xuntos. Hoxe tivemos un día completiño. Antes de nada, a Willy Fog do día, a pementeira Valeria, perfectamente ataviada para a ocasión, e moi contenta pasou lista e contou cantos nenos e nenas quedaron na casa e cantos había no cole.



   Despois estivemos recordando algunhas pinturas de Monet e de Matisse na aula de psico. Contemplanos con admiración os traballos que fixeron os nenos e nenas de 4 e 5 anos.


      E a continuación, puxémonos nós a pintar "A Danza" de Matisse na aula.























      Traballamos tranquilamente, como a min me gusta, disfrutando da música... Non lle dou tempo a todos de rematar a tarefa, pero teremos algunha ocasión de continuala para que todos poidan mostrárvola no blog.


     Chegou a hora de merendar e de saír a xogar ao patio, que tamén fai moita falta. E a continuación estivemos bailandoo Hoky-Poky e xogando ás estatuas na aula de psico. ¡Pasámolo xenial!
       E, antes de ir ao comedor, estivemos experimentando cunha nova faceta artística: a realización dunha escultura partindo das obras dun famoso escultor que aínda non vos vou desvelar (ao mellor alguén imaxina de quen se trata).
       Primeiro preparamos un armazón de alambre e, a continuación, fomos tapando ese armazón con pasta de modelar. Os pementeiros/as intentaron ir facendo esa tarefa de cubrir o alambre co barro e fixérono con concentración pero déronse conta de que non era tan fácil como parecía no principio (porque se apretaban moito a escultura desfacíase e tíñamos que recompoñela). 






















 
      Como vedes, aínda estamos nun estadio inicial da nosa escultura. Continuaremos o proceso e veremos o resultado pronto. E falaremos do escultor que nos serviu de inspiración.
       ¡Dá gusto vir ao cole e facer tantas cousas diferentes nunha mañán! A ver se seguimos nesta liña, ¡seguro que si!


martes, 2 de mayo de 2017

CANTANDO E BAILANDO

          A música sempre está presente na Pementeira. Cada día cantamos, nada máis entrar, cancións en inglés, en galego e en castelán. Escoitamos música en idiomas diferentes e de épocas diferentes con toda a normalidade e, con frecuencia, tamén aproveitamos para ailar un pouquiño, movernos e expresarnos co noso corpo. Estas actividades sempre lles gustan aos pequenos e por iso quero compartir estes vídeos convosco. Espero que vos gusten.