UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 7 de diciembre de 2014

VISOR DE DIAPOSITIVAS DO ESPACIO

Fai uns días Mariña trouxo un visor de diapositivas do espacio que é moi, moi chuli. 
A verdade é que nos permite ver con moita nitidez imaxes variadas do universo. O venres todos os pementeiros/as poideron disfrutar contemplando esas fermosas vistas neste xenial aparello que Mariña nos trouxo para o noso recuncho espacial.



















´Por outra banda, seguimos pintando a nosa "Noite estrelada". A ver se xa imos rematando para poder levar para as casas estas fermosas obras de arte.














jueves, 4 de diciembre de 2014

ALBA XA TEN 4 ANOS

Onte Alba estivo de aniversario pero celebrámolo hoxe. Como soemos facer na "Pementeira" todos felicitamos a Alba e despois disfrutamos das galletas que nos trouxo. E, como tamén soe ocurrir na nosa aula, non sobrou nin unha galleta, os pementeiros/as parece que tiñan fame e acabaron as existencias.
























CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Como ven sendo habitual nestes últimos anos, o cole Rosalía de Castro ten convocado un concurso de postais ou felicitacións de Nadal. 
Na aula "A Pementeira" varios nenos/as quixeron participar e trouxeron a súa tarxeta de felicitación. Hoxe fomos todos xuntos visitar a exposición que hai nos corredores e estivemos vendo cales nos gustaban máis. Agora temos que esperar a ver quen é o gañador ou gañadora do concurso.


Aquí están os participantes da nosa clase coas súas obras. Non se aprecian moi ben as tarxetas porque tíñamos o sol detrás.

Aquí están todos os compañeiros/as xuntos/as.
E, a continuación, podedes ver como os pementeiros/as ían mirando as postais e buscando as súas preferidas. Por suposto as imaxes de Papá Noel e as tarxetas con purpurina son as que máis lles gustan.














miércoles, 3 de diciembre de 2014

ALGUNHAS COUSAS MÁIS PARA O RECUNCHO ESPACIAL

Aínda nos chegan algunhas aportacións máis para o noso recuncho sideral. Mariña trouxo un visor de diapositas do espacio que é ¡alucinante!.
 Lucía trouxo un vídeo sobre Galileo (da colección "Érase una vez... los inentores") que  xa estivemos vendo na aula e está xenial, e Iker trouxo outro foguete espacial realmente chulo. Cando rematemos os que estamos a facer na aula ímolos poñer todos colgados do teito da clase.

                 
Leo quixo compartir connosco un conto titulado "Las Estrellas" que xa lemos e que nos gustou moito e Mencía trouxo unha nave espacial feita en papel que colocamos no sistema solar voando entre os planetas.
 E Yago Bandín xa levaba varios días anunciando que ía traer unha nave espacial e cumpliu a súa palabra. Chegou moi feliz coa súa aportación. Pero a foto non me saiu ben, pedinlle a Yago que a levantase para que se vise ben e vou eu e córtolle a "cabeza". En fin, todo ten solución: sacaremos outra foto mellor para que vexades que bonita lle quedou.
Grazas a todos os nenos/as e as familias por participar no noso proxecto.