UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 15 de enero de 2014

O NOSO RECUNCHO MEDIEVAL

Na Pementeira estamos intentando adentrarnos con entusiasmo na Idade Media. Pouco a pouco imos colocando cousiñas no noso recuncho. Xa temos varios libros, algúns instrumento musical, xoguetes... Mirade como nos está quedando.

Grazas a Anxo, Sara, Roi e Noa por compartir con todos os compañeiros/as as cousas da Idade Media. Penso que mañán teremos máis cousiñas para poñer no recuncho, seguro que vai medrando pouco a pouco.
Por outra banda estamos anotando as cousas que xa sabemos sobre a Idade Media no noso panel medieval. Como é a primeira vez que facemos unha actividade deste tipo, está costando un pouquiño de esforzo pero cada día procuramos ir apuntando novas ideas. Déixovos aquí tamén unhas fotos para que vexades o que xa saben os nenos e nenas de 3 anos. Iremos completando o panel pouco a pouco e iredes vendo como medran os coñecementos.

Pola tarde tivemos ocasión de ir á pantalla dixital para aprender máis cousas sobre a Idade Media vendo "Caballeros y Castillos" (se queredes tamén podedes xogar na casa. O enlace á páxina está neste blogue, no lateral dereito, no apartado "Nuestros enlaces favoritos"). É unha estupenda aplicación desenvolta polo C.P. Juan Ochoa de Avilés  que pretende achegar aos máis pequenos á época medieval.¡Animádevos a visitala cos vosos/as nenos/as! Gústalles moito porque ten unhas ilustracións moi atractivas e xogos moi divertidos. 






Espero ir poñendo boas novas nos próximos días sobre o noso proxecto de traballo. Tamén haberá sorpresas no corredor de infantil porque as profes estamos traballando para crear un ambiente completamente medieval e así lograr que os nenos e nenas de infantil aprendan moitas cousas con alegría.





viernes, 10 de enero de 2014

¡O CUMPLE DE YAGO!

Onte na Pementeira celebramos o cumple de Yago. En realidade o seu cumple foi durante as vacacións de Nadal e, claro, como non había cole pois deixamos a celebración para a volta. Así que o primeiro día de cole tivemos festa.
Yago apagou as tres candeas con certo esforzo. A verdade é que primeiro apagounas a tal velocidade que a cámara non captou o momento, así que lle pedín que as volvera apagar para sacarlle a foto e a segunda vez a cousa púxose un pouco máis complicada.





 E despois e soplar e soplar... chegou o momento de comer as galletas. Cada un foi collendo a que máis lle gustaba e todos comeron un montón. Aínda así, moitos quixeron tomar a súa merenda despois do cumple.





















¡¡¡VIÑERON OS REIS Á PEMENTEIRA"!!!

Hoxe pola mañán, cando chegamos á nosa aula, tivemos unha gran sorpresa: ¡atopamos uns regalos colocados nunha silla! Ninguén sabía quen os deixara alí pero algunha pementeira moi espabilada dixo que ela pensaba que foran os Reis Magos. Eu tamén penso que foron eles porque sei que lles gusta deixar paquetiños con cousas estupendas dentro para os máis pequenos.
Dous pementeiros e unha pementeira ofrecéronse voluntarios para abrir os paquetes porque todos tíñamos moitas ganas de saber o que había dentro. Costoulles un pouquiño de traballo pero finalmente poidemos averiguar cales eran os agasallos que os reis Magos nos deixaran na Pementeira. ¿Queredes saber o que había nos paquetes? Pois seguide vendo as fotos...










¡Que sorte temos! As súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar portáronse requetebén e como saben que nos gustan moito os libros (porque son os nosos mellores amigos) trouxéronos catro libros de cabaleiros e castelos.
Eu estou pensando que seguramente estes Reis Magos, que che son moi intelixentes, o que pensaron é que sería unha boa idea aprender moitas cousas da Idade Media, da vida nos castelos, do que facían os reis, os cabaleiros, as damas ou os campesiños que vivían nesa época... Así que voulle facer caso a estes tres Magos de Oriente e imos empezar un proxecto de traballo na Pementeira que trate sobre ...





viernes, 3 de enero de 2014

"PEDRO E O LOBO"

O último día de cole antes das vacacións de Nadal foi estupendo. Tivemos a sorte de disfrutar dos títeres "Tres Globos" coa obra "Pedro e o Lobo" que falaba dun neno un pouquiño mintireiro. Pedro non facía máis que berrar que viña o lobo, que viña o lobo, unha e outra vez e nunca era verdade. O seu pai explicoulle que non podía dicir sempre mentiras porque cando o lobo viñera de verdade ninguén lle ía facer caso se berraba. 

A verdade é que todos os nenos e nenas de infantil pasaron un rato moi agradable e participaron activamente na obra grazas a que Xan Pérez sempre fai que os máis pequenos sexan un pouco protagonistas e rían con todas as súas forzas. Aínda así, tamén é verdade que houbo algún neno que non tiña moitas ganas de ver ó lobo e pasou momentiños de certa tensión; pero así é a vida, está chea de emocións. Ó final, todos dixeron que lles gustara moito a historia de "Pedro e o lobo" e que o pasaran requete,requetebén.
Aquí vos deixo un vídeo para que vós tamén disfrutedes un pouco dos títeres.