UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 4 de diciembre de 2013

¡PREPARADOS PARA O NADAL!

Parece que no cole xa temos un pouco de ambiente de Nadal. Xa están colocadas algunhas das tarxetas de felicitación para que todos as poidan ver e pensen cal é a que máis lle gusta... Tamén os nenos e nenas de algunhas aulas xa empezaron a facer adornos para os corredores...
Na "Pementeira" recibimos hoxe outras dúas postais: unha de Leire e outra de Mariña.


Por outra banda, xa empezamos a facer uns calcetíns de nadal, deses que se poñen nas lareiras para que cando baixe Papá Noel deixe os regalos dentro.
 Os pementeiros e pementeiras están traballando moito porque teñen que pintar con rotus e con acuarelas, despois teñen que pegar gomets de estrelas e uns pompóns de cores, e por último teñen que botarlle purpurina para que queden máis esplendorosos. Algúns xa os teñen rematados, outros aínda están en proceso.












martes, 3 de diciembre de 2013

DISFRUTANDO NA CASA DO LIBRO DOS NOMES

Hoxe pola mañán, Noa chegou moi contenta ao cole e mostrounos a todos unhas fotos que lle fixo a súa mamá onte, mentres miraba o Libro dos Nomes e xogaba co Xogo do Sol e a Nube. Púxenme tan feliz vendo o que Noa disfrutou do libro que non resistín a tentación de poñelo no blogue.


¡Moitas grazas á familia de Noa por dedicarlle tempo a estes libros de aula!
Cando os nenos/as ven que os seus pais e nais valoran as cousas do cole e disfrutan co que van aprendendo, cos avances que van facendo (na súa autonomía, na linguaxe que empregan, na súa autoconfianza ou en cuestións xa máis académicas como o recoñecemento de números, letras ou nomes, por exemplo) o seu interese por seguir aprendendo aumenta a toda velocidade, porque mamá e papá son os seus referentes básicos e primordiais.
Aproveito esta entrada do blogue para agradecerlles a outros pais/nais a súa colaboración, a confianza que depositan nas "profes", e a valoración do noso traballo (en algunhas ocasións expresado no caderno de comunicacións, noutras nos contactos informais na porta e, tamén, nas titorías). 
¡GRAZAS! ¡E SEGUIDE ANIMANDO AOS VOSOS FILLOS/AS A APRENDER, A  FACER COUSAS POR SI MESMOS, A DISFRUTAR EXPERIMENTANDO, A ESFORZARSE E A MEDRAR!


¡ALBA XA TEN TRES ANOS!

Hoxe tivemos unha pequena festa na aula "A Pementeira": ¡Alba cumpleu 3 anos! Así que foi a raíña da tarde, coa súa coroa dourada, e tivo a oportunidade de apagar as tres velas de cumple. A verdade é que tivo que soplar e soplar e soplar, parecía o lobo do conto dos "Tres porquiños", jajajaja, porque as velas non se apagaban. Pero Alba collía forza e volvía a soplar e, finalmente, foi que de conseguilo. ¡Mirade as fotos e veredes canto soplou!









Finalmente, mirade que alegre e satisfeita estaba Alba.


E, despois, a disfrutar das deliciosas galletas que Alba quiso compartir con todos os seus compañeiros. Debían estar deliciosas porque non paraban de comer. 













Pero como o bus non espera, decidimos deixar as pouquiñas que quedaron para mañán. Así que, despois da merenda de media mañán, se algún pementeiro/a aínda ten fame, pode comer unha galleta de cumple.
¡PARABÉNS, ALBA, NESTE  DÍA  EN  
QUE   CUMPLES  TRES  ANOS!


PASANDO LISTA VII

Seguimos animando a todos os pementeir@s a pasar lista para saber quen veu ao cole e quen quedou na casa. Hai algúns que aínda se resisten e non queren participar nesta rutina de aula pero espero que co paso do tempo comprendan que, igual que o resto dos compañeiros, eles/as tamén poden facelo, e empecen a superar eses medos a facer as cousas por si mesmos. 
Estas sinxelas responsabilidades que lle encargamos aos nenos e nenas, axúdanlles a desenvolver a súa atención, a ser responsables, a formar parte dun grupo, a recoñecer as súas capacidades e, por outra banda, a afrontar pequenas frustracións... e todo isto é o que significa medrar. Moitos alumnos/as xa se deron conta que non pasa nada por participar nas tarefas de aula e que, mesmo, se sinten ben cando superan estes pequenos obstáculos, cando son os protagonistas dunha actividade e cando reciben o recoñecemento dos demáis por medio dun aplauso. De feito algúns queren pasar lista todos os días porque se sinten importantes e maiores facendo algo que antes só facía a "profe".
Hoxe déixovos un novo vídeo no que un pementeiro e unha pementeira realizan esta tarefa. ¡Espero que vos guste!

lunes, 2 de diciembre de 2013

¡MÁIS TARXETAS DE FELICITACIÓN!

Dous pementeiros máis trouxeron unha tarxeta de felicitación para participar no concurso organizado no cole. A primeira de todo foi ALMA, como seguramente recordades, e agora IKER e ANXO tamén se animaron e realizaron, coa axuda de mamá e papá, a súa tarxeta de nadal.
Aquí están os dous orgullosos traballadores coa súa postal.
A ver se algún pementeiro ou pementeira máis se anima a facer a súa propia tarxeta de felicitación que xa falta pouco para o Nadal.
¡Grazas a Alma, a Iker e a Anxo por participar!




miércoles, 27 de noviembre de 2013

PASANDO LISTA VI

Seguimos, como cada día, pasando lista cando chegamos ao cole para saber se estamos todos ou se alguén quedou na casa. Agora xa hai cada vez máis voluntarios/as que queren ser Pitufina ou Papá Pitufo. Esta é unha responsabilidade porque ademáis de pasar lista hai que axudar á profe a repartir as merendas e, despois, está o privilexio de ir de primeiro na fila. 
Aquí vos deixo outro video no que podedes ver como pasan lista dúas pitufinas da Pementeira.
¡Que ganiñas teño de que todos se vaian animando xa a facer cousas na aula, a asumir pequenos retos, e a disfrutar das tarefas da aula que axudan a medrar aos pementeiros!

martes, 26 de noviembre de 2013

FELICITACIÓNS DE NADAL

Xa vai quedando menos para o Nadal. Como sabedes no cole organizouse un concurso de tarxetas de felicitación. Ata o de agora, a aula "A Pementeira" só chegou unha postal que trouxo Alma. ¡Quedoulle moi divertida! Aquí podedes ver o orgullosa que está Alma coa súa postal.

A ver se algún pementeiro/a máis se anima tamén a participar no concurso. Ao mellor, se hai sorte, cae algún premio na nosa aula. ¡Nunca se sabe! Pero o importante é participar. A min encántame ver que nas familias respondedes ás propostas do cole e compartides cos nenos e nenas estes momentos, facendo cousiñas xuntos, para que eles vexan que para vos é importante o que se traballa no cole.
¡Parabéns Alma pola túa participación!
¡Ánimo pementeir@s! ¡Aínda estades a tempo de facer a vosa tarxeta de Nadal!