UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 11 de octubre de 2013

PASANDO LISTA

Déixovos aquí un vídeo do Papá Pitufo (encargado) de hoxe pasando lista como un auténtico profesional. E observade a graza que lle fai aos compañeir@s ver que non é a profe a que fai esa rutina de aula. Intentarei ir poñendo máis vídeos así para que poidades ir vendo o ben que saben facer de mestres de ceremonias estes pequepementeiros.
Aproveito tamén para deixarvos unhas fotos nas que podedes ver como traballamos coa pizarra dixital, que lles gusta moito.















miércoles, 9 de octubre de 2013

COUSIÑAS DE OUTONO


O pasado luns estivemos vendo como é o millo que come o pitiño Pepe, e supoñemos que Cocorico tamén. Cando lles mostrei aos pementeir@s unha espiga ou mazaroca de millo, só Leo foi capaz de dicirme o que era. A cousa non era fácil de adiviñar porque o millo estaba escondido debaixo de moitas follas.

Despois de sacarlle esas follas de fóra, xa poidemos descubrir os grans amarelos de millo.
Agora temos a mazaroca de millo metida nun recipiente cun pouco de auga, e estamos esperando a ver o que pasa. Despois dunha semana enteira descubrimos que lle brotou unha folliña pequeniña e  seguimos esperando a ver como evoluciona a cousa.




Mentres esperamos adicámonos  a facer cogomelos de plastilina, porque no outono tamén se poden atopar moitos cogomelos nos montes.



Roi, que ten moita personalidade  e busca diferenciarse, decidiu que en vez de facer un cogomelo ía facer un caracol e, como lle quedou moi ben, pois tamén o poñemos no blogue.

Hoxe Noa tróuxonos castañas. Estivemos vendo como medran dentro dos ourizos nas pólas dos castiñeiros, logo cando o ourizo vai secando e xa lle saen as castañas de dentro. Noa contounos que as colleu no monte coa súa avoa e que tiñan unhas pinzas para coller os ourizos e non pincharse coas púas. Inés explicounos que ela lle vai pedir ao seu pai que compre unhas luvas para coller os ourizos das castañas.


E agora temos un pequeno recuncho de cousiñas de outono na Pementeira.








viernes, 4 de octubre de 2013

UNS MINUTOS DE RELAXACIÓN

Hoxe é venres. A verdade é que a semana pasou a toda velocidade. E despois de cinco días de actividade, esta tarde tivemos uns minutos de relaxación escoitando o Nocturno de Chopin. Estamos intentando rebaixar un pouquiño o nivel de enerxía desbordante que teñen estes 22 nenos/as para poder explicar as cousas sen berrar e para poder disfrutar das tarefas do cole sen enfados previos. Ao mesmo tempo imos achegándonos ao mundo da música clásica que nos proporciona sensacións moi diferentes ás que nos despertan outras cancións máis populares, coñecidas e cercanas ao mundo da infancia.

Mirade como se relaxan (ou polo menos iso era o que eu pretendía) neste vídeo:
Como vedes, os vosos peques parece que non teñen moita necesidade de relaxarse. Claro, só teñen 3 anos. Pero eu, que teño algúns máis, sí que o necesito. Asi que, co voso permiso, vou descansar un pouquiño.
¡Disfrutade do finde!





jueves, 3 de octubre de 2013

LA MARCHA DE LAS LETRAS

Esta semana estamos trabajando con las vocales. Con una bonita canción, y desfilando con todo el ritmo que estos pementeiros/as tienen, estamos aprendiendo las cinco vocales.