UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 7 de abril de 2018

UNHA SESIÓN DE IOGA MOI ESPECIAL

    Os venres son días 100% saudables na Pementeira. Merendamos froita e practicamos ioga. Hoxe a sesión de ioga foi moito máis especial e interesante que calqueira outro venres porque recibimos a unha profe fantástica que nos deixou abraiados coa súa maestría. Ania mostrounos como facer moitas  asanas con paciencia, cunha  precisión e control de movementos admirables, cunha calma e cun amor polo que fai que nos conquista desde o primeiro segundo. 
     Os nenos e nenas de 4 e 5 anos tiveron hoxe a sorte de compartir esta actividade no ximnasio do centro e disfrutar practicando moitas posicións; e as profes tamén o disfrutamos enormemente (eu, polo menos, con envexa pura e dura contemplando a flexibilidadae, o equilibrio, a naturalidade e a elegancia de Ania). Pero como as imaxes poden ser moito máis convincentes que as miñas palabras, aquí tedes moitas fotografías desta clase maxistral de ioga. Seguro que comprenderedes o que vos estou a dicir.






















































































































¡GRAZAS ANIA!
FOI UN AUTÉNTICO PRACER QUE NOS VISITARAS
 E PASARAS CONNOSCO ESTE TEMPO.

      E aproveito esta entrada para mostrarvos tamén o interese co que os pementeiros/as recibiron o quinto exemplar do noso xornal Novas de Infantil (correspondente ao 2º trimestre do curso 2017-18). Espero que vós tamén o disfrutedes nas vosas casas.





















Resultado de imagen de gifs animados feliz fin de semana

6 comentarios:

  1. ¡¡¡Que sorte tiveron estes pementeir@s!!!!! moitas grazas Ania!!!!por vir xunta ós pementeir@s!! grazas tamèn profe Tetè!!!!sen ti non sería posible este día!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Grazas Isabel por velo así, jajajaja! Pero é que con Ania todo é fácil. Sempre está disposta a colaborar, e a mostrar de maneira completamente desinteresada os beneficios do yoga, así que para min é unha sorte que nos regale estes momentos e que a vós vos gusten estas experiencias tamén. Os nenos/as disfrutan moito cando teñen sorpresas así aínda que ao mesmo tempo se poñen nerviosos pero é xenial que coñezan de primeira man a diferentes profesionais, ou diferentes actividades e disciplinas que lles van abrindo a mente, que lles xeran emocións, que espertan a súa curiosidade...Para min iso é o máis importante. Así que grazas por entendelo e aprecialo!!!!

      Eliminar
  2. Moitas grazas profes!!! O xoves nada máis entrar no coche me dixo que viña a profe de ioga da profe Teté, pasounos o mesmo que Icí cos calcetíns eran moi gordos mamá tiñan que ir postos, e que ata nos lle servía o peinado de pola mañan porque era un peinado de pantalóns vaqueros e hai que ir moi cómodos🙆‍♂️. Moitas grazas profes unha clase de ioga xenial e grazas levantar tanto entusiasmo nos pementeiros

    ResponderEliminar
  3. Foi unha experiencia moi emocionante para eles. Q veña a "profe da profe" non pasa todolos dias e estaban moi impacientes e preocupados por ir o suficientemente comodos. Ja, ja. Encantoulles. O venres pola noite estivemos facendo todas as asanas no salon, Marcos era o profesor, non fai falta que o diga non? Ja ja . Foi divertidisimo porque xa non teño tanta flexibilidade como eles e dicia Marcos profe que a mamá non lle salen. Ja ja

    ResponderEliminar
  4. Bueno pois foi xeral Jijijijii nos tamén tivemos emoción por un tubo na casa, primeiro o día anterior preoarando a roupa e calcetíns porque tiñan que ser de puntitos e a roupa cómoda, e no propio día probamos todas as posturas de ioga, a verdade é que encantoulles que ben que poidades compartir tempos con outros profesionais!! Un gustazo, gracias por estas clases tan divertidas que fan que vivamos o cole nas nosas casas😘

    ResponderEliminar